xoves, 5 de novembro de 2015

Recuperación de DEAI (Pendente)

Aquí está a información acerca dos exames e traballos a realizar para recuperar o debuxo artístico de 1ºBac para aquel@s que o teñan pendente:

PENDENTES Curso 2015-16
DPTO DE ARTES PLÁSTICAS – 1º BAC – DEBUXO ARTÍSTICO
DATAS DE EXAME
1º EXAME: Mércores, 9 de decembro ás 16:30 na aula de DEA.
Material: Papel DINA3, grafito.
2º EXAME: Mércores, 6 de abril ás 16:30 na aula de DEA. Material: Papel DINA3, carboncillo, tinta e acuarela.
TRABALLO A REALIZAR ANTES DO EXAME
(1º parcial)
Os alumnos interesados en recuperar o Debuxo Artístico de 1ºBAC, terán que presentar antes da data do exame os seguintes debuxos do natural en formato DINA4:
  • A man que non usas para debuxar en tres posicións diferentes (puño, dorso e palma) Cada unha nun DINA4, con grafito 4B ou máis brando.
  • Tres apuntes dunha mesma persoa desde tres puntos de vista diferentes. Carboncillo (pode variar a pose e cada apunte)
  • Dous bodegóns diferentes de tres elementos (1 grafito / 1 carboncillo)
  • Un retrato (técnica libre)
TRABALLO A REALIZAR ANTES DO EXAME
(2º parcial)
  • Apuntes do natural na rúa a tinta (vale bolígrafo negro), poderase empregar un formato menor (entre DINA4 e DINA5) :
    • Paisaxe urbano que inclúa un vehículo
    • Catro de xente
    • Elemento urbano (banco, farola, fachadas...)
  • Cor (acuarelas, aguada de tinta...sobre liña negra)
    • Dous bodegóns
    • Dous debuxos libres
  • Autorretrato (técnica libre)

Avaliación:
  • Os exames deberán demostrar que se acadan os obxectivos mínimos do curso (NOTA MÍNIMA 4), pero os traballos indicados suporán na nota final un 20%.

Ningún comentario:

Publicar un comentario