xoves, 31 de marzo de 2022

Traballo 15. Ilustración

 

Estudo da obra de cinco ilustradores. Entrega: xoves 21 de abril

Buscar traballos dos seguintes ilustradores, e facer unha análise das características do seu estilo.
  • Dave McKean
  • Elena Odriozola
  • Takashi Murakami
  • Paula Bonet
  • Gino Rubert
Aquí tedes un listado dos aspectos que podedes comentar:
  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas

E, por último, debedes elixir a un/unha dos ilustradores dados e retratar a un compañero empregando os recursos propios do ilustrador, escribindo no reverso do debuxo as características antes comentadas.

Formato: DINA3. Técnica: A máis axeitada dependendo do artista elixido. 

Deixo estas ilustracións de Paula Bonet a modo de exemplo:















 

Traballo 16. Presentación oral

 

Preparar unha presentación acerca dun ilustrador que che interese:

  • Amosar entre 6 e 10 traballos seus (traelos nun pen drive, listos para proxectar, como imaxes soltas ou nunha presentación)
  • Oralmente, facer unha introdución biográfica e profesional
  • Explicar os rasgos estilísticos propios dos seus traballos*
  • Respostar ás preguntas que se fagan durante a presentación 
*Aquí tedes un listado dos aspectos que podedes comentar:

  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas

Comezarán as presentacións na aula o luns 25 de abril

luns, 21 de marzo de 2022

Traballo 14. Prácticas acuarela

En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente posible. Data de entrega: luns 4 de abril

Aquí tes o enlace ás acuarelas que vimos na aula.


xoves, 17 de marzo de 2022

Traballo 13. Interpretación gráfica dun texto (ABAU, Setembro 2002)

 Realizar unha interpretación do seguinte texto de Brotes ( da Antoloxía persoal de Yehuda Amichai)

 

"Púxenme un sombreiro para recordar

E todo se pechou na miña cabeza.

Quiteime un sombreiro para recordar

E os meus pensamentos voaron ó vento

Como semente que non xermina"


Técnica libre, tamaño DINA3. Data de entrega: luns 28 de marzo.

luns, 14 de marzo de 2022

mércores, 2 de marzo de 2022

Traballo 12. Anatomía artística

 

Na lámina DINA3 que se entrega na clase, debuxar o esqueleto na situación correcta dentro do corpo (fronte, espalda e perfil). Aquí tedes un Enlace a unha páxina de Pinterest con ilustracións anatómicas de varios tipos e un enlace para consultar información sobre o esqueleto e a musculatura. Técnica: lapis de cor fría (azul, violeta...). Data de entrega: xoves 17 de marzo.