luns, 14 de decembro de 2020

Traballo de Nadal. Mans e pés

Cinco debuxos realistas a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible.
Data de entrega: Luns, 11 de xaneiro. 

Boas vacacións a todas e todos!!!

A continuación, algúns dos mellores debuxos entregados por vós:























Traballo 8. Interpretación

 PAU 2003. Setembro. Opción 2. Nun DINA3 e con técnica libre, realizar unha composición interpretando gráficamente o texto seguinte:

"Pouco a pouco a primavera deu paso ós días longos, calorosos e cegadores do verán; as cigarras, renxentes e excitadas polo cambio, facían tremer a illa enteira cos seus berros. No campo comezaba a encherse o millo, os sedosos pelos do millo pasaban do castaño ao loiro; cando rasgando a envoltura de follas cravabas o dente nas ringleiras de grans nacarados, un zume coma leite saltábache á boca"

Gerald Durrell "A miña familia e outros animais" 

Este traballo poderase entregar o vindeiro luns 21 de decembro ou á volta das vacacións xunto co traballo de Nadal (11 de xaneiro)

mércores, 9 de decembro de 2020

Leis da Percepción. Material auxiliar

Leis da percepción. Presentación

Leis da percepción. Vídeo

Proxecto "Sketchbook" de participación voluntaria

 



("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)

Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).


Datas de entrega:

08/02/21: 28 páxinas rematadas
 
semana do 19 ao 23/04/21: 66 páxinas rematadas

Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 14 de decembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos (a profesora indicará a cal). Na terceira avaliación entregarase (19-20 de abril) con 66 páxinas (mínimo) rematadas e servirá como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España



 

martes, 1 de decembro de 2020

Traballo 7. Liñas e tramas

Haberá que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma, rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Mércores, 9 de decembro.

Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros cantas máis liñas se crucen para formar a trama).

Na segunda lámina DINA3, en tinta tamén, hai que facer un debuxo libre (bodegón, retrato, paisaxe...) onde o claroscuro sexa resolto a base de tramas de liñas paralelas entre si, como as practicadas na lámina primeira.

Aquí tedes algúns exemplos por se axudan a aclarar o exercicio:




E se quedades con ganas de máis liña, aconsello a seguinte práctica (non obrigatoria, pero si moi aconsellable) para practicar diferentes tipos de tramas a liña:

domingo, 15 de novembro de 2020

TRABALLO 6. Práctica de perspectiva

Debuxa unha vivenda minimalista empregando unha perspectiva cónica de dous puntos de fuga. Consulta antes a entrada anterior sobre perspectiva cónica e traballa seguindo as directrices dos videos de exemplo (casa 1, casa 2, casa 3) pero facendo o teu propio deseño. A casa debe ter como mínimo tres das seguintes condicións: dúas alturas - varias árbores da mesma altura en perspectiva - porta - dúas ventás/cristaleiras - garaxe

Emprega lapis duro para os trazos iniciais. O debuxo final poderá entregarse en B/N a lapis (ou/e tinta) ou a cor (totalmente ou con algúns toques). Tamaño: DINA3. Data límite de entrega: 27 de novembro.

Neste enlace tedes algunhas casas de exemplo.

PERSPECTIVA CÓNICA DE UN E DOUS PUNTOS DE FUGA

 

Para repasar un pouquiño a aplicación da perspectiva cónica ao debuxo artístico, deixo aquí algúns enlaces interesantes:


CÓNICA FRONTAL (un punto de fuga)

Pasillo instituto

Casa 

Habitación

Paisaxe con vía tren

CÓNICA OBLÍCUA (dous puntos de fuga)

Casa 1

Casa 2 

Casa 3

DEA II _ Procedementos de avaliación e cualificación

 



DEA II _ Criterios de avaliación


 

DEAII _ Contidos da materia


 

venres, 30 de outubro de 2020

Traballo 5. Debuxo Analítico / Síntese

Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado (en total, entregaredes dous DINA3)

Data de entrega: Luns 16 de novembro.

Aquí tedes algúns exemplos:










luns, 26 de outubro de 2020

Traballo 4. Interpretación do díptico dos Duques de Urbino

 

Interpreta a obra de Piero Della Francesca "Díptico dos Duques de Urbino" (temple sobre tabla, 1472) en DINA3 e Técnica libre. Entrega o martes 3 de novembro. No seguinte enlace podedes ver exemplos de traballos de interpretación doutros anos.

 

venres, 9 de outubro de 2020

Traballo 3. Gradacións en tinta

 

Traballo 3. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.
ATENCIÓN: NOVA data de entrega: 26 de outubro
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores: