Tedes subida na Aula Virtual da materia a información sobre a recuperación da 1ª e 2ª avaliación, ademais dun calendario coas datas e actividades máis importantes e próximas no tempo.
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
domingo, 24 de marzo de 2024
RECUPERACIÓN DE AVALIACIÓNS PENDENTES
venres, 22 de marzo de 2024
Experiencia en Toronto co programa PIALE
Para quen teña curiosidade sobre a estadía da profesora en Toronto, podedes visualizar a seguinte presentación.
luns, 18 de marzo de 2024
Traballo 15. Bodegón cubista
Realizar un bodegón da clase de debuxo a partir dos apuntes realizados tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre (acuarela, acrílico, ceras, collage, mixta...) DINA3. Entrega: primeira clase á volta das vacacións de Semana Santa (segundo cada grupo: 2, 3 ou 4 de abril)
A continuación tedes algúns exemplos de bodegóns cubistas:
martes, 5 de marzo de 2024
Traballo 14. O autorretrato máis aló do tradicional
Realización dun autorretrato a partir da nova definición discutida na clase.
Non se busca a representación física, senón a representación da identidade
ou da personalidade, o contar algo persoal sobre unha mesma
Temporalidade: Entre 3 e 4 sesións (1ª sesión de introdución, 2ª sesión de taller: pensar sobre a proposta, referentes, bosquexos e 3ª (e 4ª) sesión de posta en común e presentacións.
Premisas: Tamaño a3 que se pode modificar, técnica libre. Non ten porque aparecer o corpo na obra e, no caso de facelo, que non sexa o único elemento nin o central. Xustificación escrita da propia obra (100 palabras mínimo)
Avaliación
-Valoración
da obra sobre 9. Reservarase 1 punto para as persoas que queiran
presentala. Na presentación valorarase o xeito de expresarse e de
comunicar, ademais da implicación
-Dominio da técnica escollida e
adecuación do tipo de papel, así como o feito de que teña coherencia coa
obra e co que se quere expresar
-Creatividade da proposta
-Xustificación da obra: claridade, veracidade e coherencia
Se queredes consultar a presentación vista na aula tédela na aula virtual da materia.