A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar,
nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco
obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
Debuxa nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Entrega: Luns, 27 de setembro (os grupos que non teñan clase nesa data entregarán o traballo na primeira clase de DEAII a partires do día 27)
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores: