venres, 13 de marzo de 2026

Recursos para o debuxo de espido

Enlace a diversas imaxes relacionadas co estudo da anatomía artística.

E, a continuación, o vídeo que xa vimos na aula acerca do debuxo de figura, centrando a atención nos ritmos liñais e no equilibrio formal.


mércores, 11 de marzo de 2026

Traballo 18_Autorretrato "indefinido, inacabado, difuso"

A partir da presentación de Blanca, que tedes á vosa disposición na Aula Virtual de DEAII (pestana "Acuarela"), facer un autorretrato en dous DINA4 (un retrato e unha paisaxe). Na páxina 49 da presentación está explicado en profundidade.

Técnica: Acuarela / acuarela e tinta, húmido sobre húmido.

Data de presentación: Entre o 16 e o 18 de marzo. 

domingo, 1 de marzo de 2026

Traballo 17_Figura espida

 

Practica as poses dadas nos seguintes vídeos lembrando que no exame todos os apuntes serán en DINA4, a grafito, carbón prensado ou sanguina.

Modelo muller vestida

Modelo muller espida

Modelo home vestido

Modelo home espido

Traballo para entregar: Elixe algunha das poses do video que prefiras entre os catro dados e fai un debuxo realista da mesma en formato DINA3. Se Youtube non che deixa abrir as poses de desnudo emprega os vídeos de home/muller vestida.
 
 
Data de entrega: Luns 9 de marzo