luns, 31 de marzo de 2025

Traballo 19. Parte teórica do exame PAU.

Partindo do exame de exemplo que envía a CIUG para a proba PAU de debuxo artístico, dá resposta ás tres preguntas teóricas, tendo en conta as instrucións da CIUG:

"Nestas cuestións o estudante deberá facer un comentario dunha extensión aproximada de 12 liñas ou 200 palabras" (por cada pregunta)  e tamén que á hora de corrixir "teranse en conta os seguintes aspectos:

- A capacidade de reflexión sobre o proceso creativo desde o boceto ata a realización da obra.

- A capacidade de análise sobre a obra e a cuestión proposta.

- A claridade expositiva."

Entrega pola aula virtual no apartado "Entrega de traballos" antes das 15:00 h. do sábado 5 de abril.


venres, 7 de marzo de 2025

Traballo 17_ Exploración do Impresionismo

Despois de ver a presentación feita por Belén ("Percibindo a Arte", para consultala está na aula virtual de debuxo no apartado de Historia da Arte ) debuxar do natural (ou a partir de fotos propias) unha paisaxe en catro momentos diferentes á maneira dos impresionistas, cos cambios de luz e cor que se aprecien. 

Haberá que escribir un comentario sobre a propia obra de mínimo 60 palabras e máximo unha páxina, que pode ir escrita directamente na parte traseira do traballo.*

As fotos empregadas como referencia e as fotos dos apuntes a acuarela feitos na praia deberán entregarse pola aula virtual, nun so documento en pdf.

Técnica: calquera non dixital semellante ao acabado dos cadros impresionistas (acuarela, témpera, acrílico, rotulador de punta ancha-branda...)

Formato: Nun DINA3 situar as catro imaxes, que serán de igual tamaño entre elas (aprox.DINA5)

Data de entrega: 2ºD,E,F: 17 de marzo, 2ºC e 2ºG: 18 de marzo (2ºC e G teñen saída cultural o 18, pero entregarán o traballo en conserxería antes de saír).

*Axuda para realizar o comentario. Podedes facervos as seguintes preguntas:

  • Que transmite o lugar elixido? E a obra (cores, formato...)?
  • Cambia a sensación/mensaxe transmitidas en cada unha das pezas?
  • Sucede algo diferente no espazo representado en cada imaxe? (se non é así... Que imaxinas que podería ter sucedido nese espazo nos diferentes momentos?)
  • Por que elixes este espazo e non outro?


Aquí tedes un exemplo de 6 das 30 obras que fixo Claude Monet da fachada da Catedral de Rouen.