- O deseño definitivo farase sobre a fotocopia entregada (ou reprodución da mesma)
- Empregaranse cores planas
- O estilo inspirarase na obra de Keith Haring (ou outro artista moi similar)
- Obviamente, pintarase só sobre a parede visible e a unha altura que non supere os tres metros e medio (detrás das colchonetas poderá quedar parte do mural)
- O tema será a actividade deportiva e deberá ter continuidade en toda a parede.
- Material: calquera cor que sexa plana e opaca (témperas, tintas, rotuladores, acrílico, lápis de cores...)
- Data de entrega: retrasada ao venres 10 de maio
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
venres, 26 de abril de 2019
Traballo 16. Deseño de Mural para o Ximnasio
Como último traballo do curso, entregareivos o luns un croquis da parede do fondo do ximnasio onde queremos facer un mural. Os requisitos son os seguintes:
luns, 1 de abril de 2019
Traballo 15. Prácticas de acuarela 1 e 2
En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente
posible, deixando un espazo branco arredor do debuxo e pinceladas da
paleta empregada. Data de entrega: venres 5 de abril
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)