domingo, 16 de abril de 2023

A ilustración

Estudaremos da obra de cinco ilustradores.
Veremos traballos dos seguintes ilustradores, e faremos unha análise das características do seu estilo.
  • Dave McKean
  • Elena Odriozola
  • Takashi Murakami
  • Paula Bonet
  • Gino Rubert
Aquí tedes un listado dos aspectos que se poden comentar:
  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas

E, por último, como traballo voluntario podedes elixir a un/unha dos ilustradores dados e retratar a un compañero empregando os recursos propios do ilustrador, escribindo no reverso do debuxo as características antes comentadas.

Formato: DINA3. Técnica: A máis axeitada dependendo do artista elixido. 

Deixo estas ilustracións de Paula Bonet a modo de exemplo:














Traballo 16. Presentación dun ilustrador/a

 Preparar unha presentación acerca dun ilustrador@ que che interese:

  • Amosar entre 6 e 10 traballos seus (traelos nun pen drive, listos para proxectar, como imaxes soltas ou nunha presentación ou enviar nunha carpeta á aula virtual, para telas xa listas no ordenador de clase cando fagades a presentación)
  • Oralmente, facer unha introdución biográfica e profesional
  • Explicar os rasgos estilísticos propios dos seus traballos*
  • Respostar ás preguntas que se fagan durante a presentación 
*Aquí tedes un listado dos aspectos que podedes comentar:

  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas

Comezarán as presentacións na aula o xoves 27 de abril. A orde de presentacións será: os voluntarios poden ir expoñendo e, se non houbese voluntarios, seguiremos a orde de lista alternando desde o principio e desde o final (o 1º, o último, o 2º, o penúltimo, o 3º... etc)

martes, 11 de abril de 2023

Traballo 15: Prácticas de acuarela

 

En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente posible. Data de entrega: martes 18 de abril

Aquí tes o enlace ás acuarelas que vimos na aula.