domingo, 16 de abril de 2023

A ilustración

Estudaremos da obra de cinco ilustradores.
Veremos traballos dos seguintes ilustradores, e faremos unha análise das características do seu estilo.
  • Dave McKean
  • Elena Odriozola
  • Takashi Murakami
  • Paula Bonet
  • Gino Rubert
Aquí tedes un listado dos aspectos que se poden comentar:
  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas

E, por último, como traballo voluntario podedes elixir a un/unha dos ilustradores dados e retratar a un compañero empregando os recursos propios do ilustrador, escribindo no reverso do debuxo as características antes comentadas.

Formato: DINA3. Técnica: A máis axeitada dependendo do artista elixido. 

Deixo estas ilustracións de Paula Bonet a modo de exemplo:














Ningún comentario:

Publicar un comentario