Para o segundo traballo, teredes que presentar (como mínimo)
dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat (
bases) Entrega: luns , 30 de setembro.
- Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
- A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
En cada debuxo representaredes a un exemplar das seguintes especies:
- Merlo rieiro / Cinclus cinclus
- Rascón / Rallus aquaticus
- Ouriolo / Oriolus oriolus
- Lavandeira real / Motacilla cinerea
- Auganeira / Galemys pyrenaicus
- Rata de auga / Arvicola sapidus
- Morcego de Daubenton / Myotis daubentonii
- Dentesil / Osmunda regalis
- Freixo común / Fraxinus excelsior
- Abeleira / Corylus avellana
- Ra verde / Pelophylax perezi
- Boga / Chondrostoma polylepis
- Gaiteiro azul / Calopteryx virgo
- Libeliña do luscofusco / Boyeria irene
- Mosca da pedra / Dinocras cephalotes
- Mosca de maio / Ephemera danica
Por detrás de cada debuxo, a lapis, deberá indicarse:
- Nome e apelidos completos do autor/a
- Título da obra
- Especie elixida
A continuación, algúns dos debuxos feitos por vós: