DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
mércores, 22 de decembro de 2021
PREMIOS DO CERTAME DE DEBUXO DE NATUREZA HÁBITAT
xoves, 9 de decembro de 2021
Traballo 8. Debuxo libre
Entrega un debuxo a DINA3 e técnica libre do que queiras. O que che guste debuxar, sen límite de temática ou estilo. Data de entrega: luns 10 de xaneiro.
xoves, 2 de decembro de 2021
Proxecto Sketchbook (de participación voluntaria)
("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)
Este
proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración
dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que
rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel
axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).
Datas de entrega:
27/01/22: 25 páxinas rematadas
21/04/22: 66 páxinas rematadas
Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 9 de decembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos (a profesora indicará a cal). Na terceira avaliación entregarase (21 de abril) con 66 páxinas (mínimo) rematadas e servirá como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEg9c3KpZgsFEOJrZMQvRyhUo5QWFwtc70LX-4QblRxtFulJDlxC6JsILNJO6Iwn7JT2VKX-nQ95xCZUOWenmFj3QUQx9L_9WWPMxpREiRt48bZG2aN6HzhjP6H5ScW2gggxF8iNILm8Xts/s400/uuuu_0001.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiiU2Tmf-e9gzPGKKvgOE6BR5BKaUorOXG2GwWSXUfz7gcG_-vxK3j-Now4zvR72VYVn8sdClLJ7TzX65JWurJnNhP-no5KT-ByoNicTYdJ_LHcrzaiuGOJutdnD49Qnt0j3zf2CLA882Cj/s400/Ocon16_02a.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh5X9QuqcKnF3CtThEYHn82BdQzBJSdQg0lQzUL_BxiBj9OPZclnG0L9d1qIZgbbRXC9VKTSiHLeKiNi-_XNJYv9BoetDFnS5I6SaARfkydxjfUKewK1UIbbKqoeceySwwu_LisjFIwAQ8/s400/Ferrara+6+001.jpg)
Traballo de Nadal. Mans e pés
Cinco debuxos realistas
a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para
debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous
debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben
ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é
imprescindible. Cada un dos debuxos ocupará un formato DINA4 completo (unha man nun DinA4, outra noutro...etc)
Data de entrega: Luns, 10 de xaneiro.