sábado, 29 de maio de 2021

Probas de acceso ás EASD (Escola Pablo Picasso)

AVISO actualizado: Clases de preparación para o exame de ingreso nas EASD: Na aula de DEA o martes 15 a 4ª h. (11:45) , mércores 16 a 4ª e 5ª h. , venres 18 a 4ªh e luns 21 a 5ª e 6ª h. (pódese saír antes do final da hora).

Aquí tedes un enlace ás instrucións sobre as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. A maioría das dúbidas que teñades tamén teñen resposta no seguinte enlace.

Para os que queirades facer estudos de Deseño, tamén están as instrucións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores. A maioría das dúbidas que teñades tamén teñen resposta aquí.

Para quen queira vir ao instituto a facer unhas prácticas desta última proba, farémolas na semana do 14 ao 18 de xuño na aula de debuxo.

Quen esté interesado en vir que me envíe un correo a mariaalvarez@iesadormideras.es, para facer previsión dos grupos.

EXAME FINAL EXTRAORDINARIO E EXAME DE PENDENTES

O martes 8 de xuño na aula de DEA exame de pendentes de Debuxo artístico de 1º Bac (12:35 / 14:15)

O martes 15 de xuño na aula de DEA exame final de Debuxo artístico de 2º Bac. (12:35 / 14:15)

Ambas probas consistirán na realización dun bodegón en DINA3 a grafito ou a carboncillo.


martes, 11 de maio de 2021

EXAME FINAL

O alumnado que non aproba a materia de DEAII deberá presentarse a un exame final o venres 14 de maio (de 11:45 a 14:15). Será a carboncillo sobre papel axeitado DINA2. O listado é o seguinte:

2ºA/B/C:

  • Adrián Cabrera (8:45/11:15)

2ºG:

  • Mario Bouzas

  • Andrés Díez

  • Aday Moris

  • Adrián Naveira

  • Isabel Rial

2ºF:

  • Israel Castro

2ºE:

  • Amina Calviño

  • Nerea Castelo

  • Alba Enríquez

  • Alejandro Fernández

  • Antonio Fernández

  • Moisés Fontenla

  • Camila Lloró

  • Carolina Martínez

  • Marcos Prieto

mércores, 5 de maio de 2021

AVISOS DE FIN DE CURSO

 

Certame de Debuxo Hábitat

Certame Ilustradas II
Aquí tedes acceso ao vídeo do proxecto.

EXAMES 3ªAVALIACIÓN

1º exame: Carboncillo sobre papel DINA2, catro sesións entre o 20 e o 30 de abril.
2º exame: opción Sketchbook: 19/23 de abril e opción exame de acuarela: 3 maio(2ºA/B/C), 5 maio (2ºG e 2ºE) e 7 maio (2ºF)

EXAME FINAL DEAII
Carboncillo sobre papel DINA2
O listado de alumnos que deben presentarse ao exame final estará exposto na porta da aula de DEA desde o martes 11.

Venres 14 na aula de Debuxo Artístico. 11:45 / 14:15
(excepcionalmente farase o mércores 12 de 16:00 a 18:30 ao alumnado que teña outro exame final o venres falando previamente coa profesora)