sábado, 29 de maio de 2021

Probas de acceso ás EASD (Escola Pablo Picasso)

AVISO actualizado: Clases de preparación para o exame de ingreso nas EASD: Na aula de DEA o martes 15 a 4ª h. (11:45) , mércores 16 a 4ª e 5ª h. , venres 18 a 4ªh e luns 21 a 5ª e 6ª h. (pódese saír antes do final da hora).

Aquí tedes un enlace ás instrucións sobre as probas de acceso ás Ensinanzas Artísticas Profesionais. A maioría das dúbidas que teñades tamén teñen resposta no seguinte enlace.

Para os que queirades facer estudos de Deseño, tamén están as instrucións sobre a proba de acceso ás Ensinanzas Artísticas Superiores. A maioría das dúbidas que teñades tamén teñen resposta aquí.

Para quen queira vir ao instituto a facer unhas prácticas desta última proba, farémolas na semana do 14 ao 18 de xuño na aula de debuxo.

Quen esté interesado en vir que me envíe un correo a mariaalvarez@iesadormideras.es, para facer previsión dos grupos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario