xoves, 16 de marzo de 2023

Traballo 14. Encargo profesional: Ilustración urbana

Facer un debuxo que represente a cidade da Coruña para levar como agasallo a Italia no intercambio escolar que estamos levando cabo neste curso. A técnica é libre (aínda que as máis axeitadas poderían ser a acuarela, lapis de cores, collage ou tinta) o formato do papel deberá rondar o DINA4 ou menor (deixando "aire" arredor do debuxo). Haberá que documentarse con fotos de lugares emblemáticos da cidade. Seleccionaranse dous para levar a Italia de parte do noso instituto que serán premiados con dous vales para comprar material artístico.

Data límite de entrega: xoves 23 de marzo.

Deixo aquí algúns exemplos de imaxes fotográficas de A Coruña











 




 



domingo, 5 de marzo de 2023

Traballo 13. Prácticas de debuxo de espido

 

Nos seguintes enlaces, buscar unha pose e facer un debuxo de espido en DINA3 e técnica seca (grafito, lápices de cores, acuarelables ou conté).

Previamente, nunha folla do bloc (DINA·) facer polo menos cinco apuntes de diferentes poses.

( Poses variadas con consellos de encaixe en inglés)

Daily Life Drawing Session #1

Daily Life Drawing Session #2


Data de entrega: martes 14 de marzo

Recursos para o debuxo do corpo humano

 

Enlace a diversas imaxes relacionadas co estudo da anatomía artística.

E, a continuación, o vídeo que xa vimos na aula acerca do debuxo de figura, centrando a atención nos ritmos liñais e no equilibrio formal.



mércores, 1 de marzo de 2023

Traballo 12_Autorretrato (Fanzine)

Despois da presentación introdutoria na clase (e que tedes subida na vosa aula virtual) elabora un fanzine (DINA5) a modo de autorretrato con tres DINA4 (10 páxinas intervidas). Non esquezas poñerlle cubertas e título!

Entrega: martes 7 de marzo.