xoves, 16 de marzo de 2023

Traballo 14. Encargo profesional: Ilustración urbana

Facer un debuxo que represente a cidade da Coruña para levar como agasallo a Italia no intercambio escolar que estamos levando cabo neste curso. A técnica é libre (aínda que as máis axeitadas poderían ser a acuarela, lapis de cores, collage ou tinta) o formato do papel deberá rondar o DINA4 ou menor (deixando "aire" arredor do debuxo). Haberá que documentarse con fotos de lugares emblemáticos da cidade. Seleccionaranse dous para levar a Italia de parte do noso instituto que serán premiados con dous vales para comprar material artístico.

Data límite de entrega: xoves 23 de marzo.

Deixo aquí algúns exemplos de imaxes fotográficas de A Coruña











 




 



Ningún comentario:

Publicar un comentario