luns, 22 de xaneiro de 2024

Traballo 11. Retrato (dun compañeiro/a de debuxo artístico II) ou autorretrato a mancha


Empregando a técnica de retrato a mancha que vimos nas últimas clases, fai un autorretrato (ou o retrato dun compañeiro/a que teña debuxo artístico). O parecido valorarase pero non é o máis determinante, importando máis a expresividade, a composición e o emprego do clarescuro. Podes empregar carboncillo ou/e carbón prensado, goma, esponxa... e non esquezas FIXALO ANTES DA ENTREGA

Tamaño: DINA3

Datas de entrega: venres, 16 de febreiro. (2ºC non ten clase, o delegado/a debe recoller todos os traballos e achegalos á aula de debuxo artístico ao longo da mañá)

Se queres revisar o titorial que vimos na aula, preme no seguinte enlace.

E deixo tamén este outro titorial do mesmo artista.

A continuación, algúns exemplos desta técnica:











 

xoves, 11 de xaneiro de 2024

Traballo 10. Práctica ABAU

PREGUNTA 3 do modelo de exame ABAU. 

Con técnica libre, realiza unha interpretación creativa da obra de ROSSETTI, Dante Gabriel, 1860: Dantis Amor. Pintura ao aceite sobre caoba, 74,9 x 81,3 cm. Tate
Britain.

DINA3 (non deformar a obra, pódese deixar en branco o espazo sobrante para manter o formato cadrado)

Entrega: 22 de xaneiro (23 para 2ºD)