Elabora
un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou
alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a
grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a
valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta
(boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor
número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á
expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un
punto de vista máis elevado (en total, entregaredes dous DINA3)










Ningún comentario:
Publicar un comentario