venres, 9 de abril de 2021

Traballo 17. Retrato ao estilo de...

Nun DINA3 apto para acuarela, fai un autorretrato (ou retrato dun compañeiro de clase), incluíndo un lema (pode ser só unha palabra) que forme tamén parte da mensaxe e que harmonice plásticamente na composición da imaxe, ao estilo dos traballos de Paula Bonet no libro "Que facer cando nas pantallas aparece The End"

Técnica: grafito e acuarela ou tinta e acuarela. Data de entrega: luns 26 de abril.

 














martes, 6 de abril de 2021

T.16 Prácticas de acuarela

 

En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente posible, deixando un espazo branco arredor do debuxo e pinceladas da paleta empregada. Data de entrega: Luns, 19 de abril