- Amosar entre 6 e 10 traballos seus (traelos nun pen drive, listos para proxectar, como imaxes soltas ou nunha presentación)
- Oralmente, facer unha introdución biográfica e profesional
- Explicar os rasgos estilísticos propios dos seus traballos (ver o listado de posibles aspectos a tratar nas instrucións do traballo 18)
- Respostar ás preguntas que se fagan durante a presentación
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
xoves, 12 de abril de 2018
Traballo 19. Presentación de ilustradores
Preparar unha presentación acerca dun ilustrador que che interese:
Traballo 18. Introdución á ilustración
Estudo da obra de cinco ilustradores. Entrega: luns 23 de abril
Buscar traballos dos seguintes ilustradores, e facer unha análise das características do seu estilo.
- Dave McKean
- Elena Odriozola
- Takashi Murakami
- Paula Bonet
- Gino Rubert
- Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
- Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
- Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
- Estilo (realista, pop, infantil...)
- Temática
- Composición
- Textura, profundidade, valoración...
- Simbolismo das imaxes
- Influencia de estilos artísticos/artistas
Formato: DINA3. Técnica: A máis axeitada dependendo do artista elixido.
luns, 2 de abril de 2018
Traballo 17. Prácticas acuarela 1 e 2
En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente posible, deixando un espazo branco arredor do debuxo e pinceladas da paleta empregada. Data de entrega: xoves 12 de abril
Recuperación das avaliacións suspensas
Cambio de data de entrega Aquí tedes o listado de traballos que non chegaron a "suficiente" nas avaliacións suspensas anteriores e que deben ser entregados para a súa recuperación. No caso
de ter que recuperar tamén o exame, fixarase unha data para realizalo no mes de maio,
falando coa profesora.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)