venres, 28 de febreiro de 2020

Traballo 17. Probas de Acuarela

PROBAS DE ACUARELA. En papel de acuarela, facer as seguintes prácticas:

Formato: 1 DINA3 ou 2 DINA4 (papel de acuarela). As probas guiadas son as que aparecen aquí arriba (DINA4) con outro formato igual faranse as nove probas libres. ENTREGA: Luns, 9 de marzo

mércores, 19 de febreiro de 2020

Traballo 16. Bodegón cubista

Bodegón cubista

Realizar un bodegón tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre (acuarela, acrílico, ceras, collage, mixta...)  DINA3. Entrega: Martes 3 de marzo

A continuación tedes algúns exemplos de bodegóns cubistas:











xoves, 6 de febreiro de 2020

Traballo 15. Bodegón PAU

Realizar un bodegón en DINA3 (grafito ou carboncillo) elixindo tres dos seguintes elementos frutais:
  • Dúas laranxas
  • Unhas peras
  • Un acio de uvas
  • Uns plátanos
  • Un ananás
  • Unhas ameixas
 Todos deberán estar dispostos nunha superficie horizontal, tendo especialmente en conta a composición, as proporcións e as relacións de claroscuro. ATENCIÓN: Cambio na data de entrega: mércores 19 de febreiro.