luns, 2 de novembro de 2026

Traballo 7. Tramas a tinta


Haberá que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma, rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Luns 16

Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros canto máis cerca se debuxen as liñas entre si e cantas máis liñas se crucen para formar a trama).

Na segunda lámina DINA3, en tinta tamén, hai que facer un debuxo libre (bodegón, retrato, paisaxe...) onde o claroscuro sexa resolto a base de tramas de liñas paralelas entre si, como as practicadas na lámina primeira.

Aquí tedes algúns exemplos por se axudan a aclarar o exercicio:
 
 
 








sábado, 24 de outubro de 2026

Traballo 6. Debuxo de natureza. Certame Hábitat

Como práctica de cor, vas realizar un debuxo (ou máis de un se queres) seguindo as instrucións do XIV Certame do Grupo Naturalista Hábitat. 

Tamaño DINA4. ATENCIÓN (cambio de data): Entrega: XOVES 12 de novembro. Técnica libre non dixital (pero recoméndase empregar lápis de cor ou lápis de cor acuarelable).


Aquí tes as Bases do Certame e lembra que se queres participar realmente no certame terás que inscribirte online no seguinte ENLACE

 

Para facilitar o traballo poño aquí o listado de especies a elixir:

  1. Sabugueiro (Sambucus nigra)

  2. Herba de san Xoán (Hypericum perforatum)

  3. Chocalleira maior (Briza maxima)

  4. Mosca abella (Eristalis tenax)

  5. Candil curvado (Onychogomphus uncatus)

  6. Barbantesa (Mantis religiosa)

  7. Voalla dos xardíns (Arctia caja)

  8. Carricanta de Seoane (Neocallicrania selligera)

  9. Chinguro dos bosques (Limenitis camilla)

  10. Lagartixa galega (Podarcis bocagei)

  11. Cobra lisa europea (Coronella austriaca)

  12. Cirrio eurasiático (Apus apus)

  13. Aguia calzada (Hieraaetus pennatus)

  14. Picanzo vermello (Lanius collurio)

  15. Ourizo cacho (Erinaceus europaeus)

  16. Lebre ibérica (Lepus granatensis)

     

     Algúns exemplos de debuxos de cursos anteriores:

















venres, 23 de outubro de 2026

Traballo 5: Interpretación dunha obra

Realizar unha interpretación da obra "Huyendo de la crítica I" (1874) de Pere Borrell del Caso
DINA3 e técnica libre (non dixital). Entrega física o luns 2 de novembro (dixital o domingo anterior)

 

EXEMPLO da interpretación nun curso anterior do "Retrato dunha dama" de Grien (o primeiro cadro)










xoves, 8 de outubro de 2026

Traballo 4. Torso carboncillo feito na aula

Este traballo en DINA 2 é feito na aula durante cinco sesións, comezando o martes 13 de outubro. Materiais: papel Ingres DINA2 para carboncillo, carboncillos e trapo (trapos temos na aula se alguén non ten)

venres, 2 de outubro de 2026

Traballo 3. Para a cama!

A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.
Data de entrega: Luns 19 de outubro.
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores: