Este
proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración
dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que
rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel
axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).
Datas de entrega:31/01/23: 30 páxinas rematadas
19/04/23: 70 páxinas rematadas
Ao
longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas,
empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel),
acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas).
Seguindo as
normas dos
Urban Sketchers, os debuxos serán
(a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o
1 de decembro,
e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un
dos traballos. Na terceira avaliación
entregarase (19 de abril) con 70 páxinas (mínimo) rematadas e servirá
como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook
recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais
empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática,
a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un
enlace a
máis debuxos do grupo USK_España