DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
luns, 15 de febreiro de 2016
Traballo 15
15._Na folla entregada na clase debuxar a liña en cor fría o esqueleto de fronte, espaldas e perfil como corresponde ás posicións corporais dadas. Documentádevos con libros de anatomía, imaxes da rede ou empregando o enlace dado anteriormente.
luns, 1 de febreiro de 2016
Traballo 14
PAU 2003. Setembro. Opción 2. Con técnica libre e realizando, se é
necesario, bocetos previos noutras follas, realizar unha composición
interpretando gráficamente o texto seguinte:
"Pouco a pouco a primavera deu paso ós días longos, calorosos e cegadores do verán; as cigarras, renxentes e excitadas polo cambio, facían tremer a illa enteira cos seus berros. No campo comezaba a encherse o millo, os sedosos pelos do millo pasaban do castaño ao loiro; cando rasgando a envoltura de follas cravabas o dente nas ringleiras de grans nacarados, un zume coma leite saltábache á boca"
Gerald Durrell "A miña familia e outros animais"

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)