Empregando a técnica de retrato a mancha que vimos nas últimas
clases, fai un autorretrato (ou o retrato dun compañeiro/a que teña
debuxo artístico). O parecido valorarase pero non é o máis determinante,
importando máis a expresividade, a composición e o emprego do
clarescuro. Podes empregar carboncillo ou/e carbón prensado, goma,
esponxa... e non esquezas FIXALO ANTES DA ENTREGA.
Tamaño: DINA3
Datas de entrega: venres, 16 de febreiro. (2ºC non ten clase, o delegado/a debe recoller todos os traballos e achegalos á aula de debuxo artístico ao longo da mañá)
Se queres revisar o titorial que vimos na aula, preme no seguinte enlace.
E deixo tamén este outro titorial do mesmo artista.
A continuación, algúns exemplos desta técnica:
Ningún comentario:
Publicar un comentario