Preparar unha presentación acerca dun ilustrador@ que che interese:
- Amosar entre 6 e 10 traballos seus (traelos nun pen drive, listos para proxectar, como imaxes soltas ou nunha presentación ou enviar nunha carpeta á aula virtual, para telas xa listas no ordenador de clase cando fagades a presentación)
- Oralmente, facer unha introdución biográfica e profesional
- Explicar os rasgos estilísticos propios dos seus traballos*
- Respostar ás preguntas que se fagan durante a presentación
- Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
- Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
- Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
- Estilo (realista, pop, infantil...)
- Temática
- Composición
- Textura, profundidade, valoración...
- Simbolismo das imaxes
- Influencia de estilos artísticos/artistas
Comezarán as presentacións na aula o xoves 27 de abril. A orde de presentacións será: os voluntarios poden ir expoñendo e, se non houbese voluntarios, seguiremos a orde de lista alternando desde o principio e desde o final (o 1º, o último, o 2º, o penúltimo, o 3º... etc)
Ningún comentario:
Publicar un comentario