INFORMACIÓN
PARA O ALUMNADO SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DEBUXO
ARTÍSTICO II – CURSO 2018 / 2019
Procedementos e instrumentos de avaliación
Os
alumnos/as serán avaliados da materia mediante os seguintes
instrumentos:
-
Traballo na aula, con correccións do profesor/a e anotación por parte deste/a acerca do emprego dos distintos materiais, aplicación das correccións recibidas progresión, e carencias a corrixir.
-
Presentación de traballos sobre os contidos do curso, realizados na aula e na casa, seguindo as instrucións dadas polo profesor/a en canto a formato, técnicas, materiais, etc, que se deberán entregar nas datas indicadas.
-
Realización de probas teórico-prácticas nas que se poñan en práctica os contidos esixibles, no tempo indicado polo profesor/a e seguindo as instrucións que se dean.
Criterios
sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado
Os
criterios de cualificación a ter en conta na avaliación de cada
traballo polo profesor/a serán os seguintes:
-
Aplicación correcta dos contidos conceptuais adecuados á consecución da mensaxe proposta.
-
Dominio das técnicas de debuxo e posta en práctica para a consecución da mensaxe proposta.
-
Manexo correcto dos instrumentos e materiais empregados.
-
Presentación e acabado dos traballos, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
-
Adecuación ás instrucións e condicións postas polo profesor para cada traballo.
O
resultado de cada avaliación virá dado pola media dos traballos
e probas avaliadas e terá en conta o grao de consecución dos
obxectivos formulados nesta programación e a evolución do alumno/a
durante o curso:
Instrumentos
de avaliación
|
Nº
traballos avaliables
|
Ponderación
sobre a nota
|
Traballo
na aula
|
Diario
|
10
%
|
Traballos
semanais
|
Catro
/ cinco por avaliación
|
40
%
|
Probas
prácticas
|
Dúas
por avaliación
|
50
%
|
Traballos
a maiores / excelentes
|
Catro
/ cinco por avaliación
|
Até
un punto máis na nota (10 %)
|
Non
se fará media se as notas de exame ou do conxunto dos traballos do
trimestre non chegan ó catro.
Os
traballos entregados fora de prazo só se recollerán se o alumno/a
non asistiu ás clases na data prevista para a súa entrega por falta
xustificada e documentada oficialmente (mediante xustificante médico
ou similar), en aplicación das normas impostas polo centro para a
realización de exame. Ditos traballos deberán entregarse en canto o
alumno se incorpore despois da falta.
Todos
os traballos elaborados polos alumnos/as deberán permanecer en
posesión do profesor/a ata finalizar as datas oficiais de
reclamación ás cualificacións.
Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes
Mecanismos para recuperar unha avaliación non superada
Se
a avaliación non foi superada por falta (ou pouca calidade) de
traballos entregados, indicarase a cada alumno/a os traballos que
debe volver a realizar e que se entregarán nunha data fixada da
terceira avaliación. Nalgúns casos se recuperará a nota dun
traballo por medio de traballos posteriores que serven para avaliar o
mesmo estándar, polo que non se pedirá a repetición dos traballos
anteriores. No caso de ter faltado a exames por causa xustificada e
debidamente documentada, repetirase o mesmo. Se non houbese
xustificación, o alumno poderá presentarse ao exame final de xuño.
Igualmente, os alumnos que non acaden o aprobado nalgunha avaliación
por non ter chegado ao catro nas probas teórico-prácticas, poderán
presentarse á proba ordinaria de xuño e á extraordinaria (a partir deste curso, tamén en xuño). O profesor facilitará a recuperación da materia con
traballos de reforzo e orientacións metodolóxicas.
Avaliación final
A
cualificación final do curso obterase da media das tres avaliacións
(antes do redondeo), ponderadas do seguinte xeito, que valora a
evolución do alumno durante o curso:
1ª
avaliación
|
2ª
avaliación:
|
3ª
avaliación
|
30% |
30% |
40% |
A
nota final expresarase cun número enteiro. Os decimais redondearanse
tendo en conta o primeiro decimal:
-
se é >5, redondéase até o seguinte número enteiro
-
se é <5, redondéase até o anterior número enteiro
-
se é =5, redondéase até o anterior número enteiro
Se
o resultado de dita media é inferior a 5, ou se perdeu o dereito a
avaliación continua, o alumno/a deberá presentarse a unha proba de
avaliación final, que consistirá nun exame práctico presencial.
Avaliación extraordinaria de xuño
O
alumnado que non acade o aprobado en xuño, poderá presentarse a
unha proba práctica a finais de xuño, nas datas previas ás que marque a Consellería para as probas ABAU de xullo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario