mércores, 18 de novembro de 2015

Criterios de cualificación


DEBUXO ARTÍSTICO II

    Criterios de cualificación

Os criterios de cualificación a ter en conta na avaliación de cada traballo polo profesor/a serán os seguintes:
  • Aplicación correcta dos contidos conceptuais adecuados á consecución da mensaxe proposta.
  • Dominio das técnicas de debuxo e posta en práctica para a consecución da mensaxe proposta.
  • Manexo correcto dos instrumentos e materiais empregados.
  • Presentación e acabado dos traballos, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
  • Adecuación ás instrucións e condicións postas polo profesor para cada traballo.
O resultado de cada avaliación virá dado pola media dos traballos e probas avaliadas e terá en conta o grao de consecución dos obxectivos formulados nesta programación e a evolución do alumno/a durante o curso.
Cada trimestre faranse dúas probas avaliables (excepcionalmente poderá ser unha máis se é necesario), que poderán ser de carácter teórico ou práctico e que suporán o 50% da nota. Avaliaranse tamén un mínimo de catro traballos con nota numérica, que suporán o outro 50% da nota, empregando os demáis para comentario conxunto na aula e axuste de nota (non terán un peso de máis do 10%)
Non se fará media se as notas de exame ou do conxunto dos traballos do trimestre non chegan ao catro.

Os traballos entregados fóra de prazo só se recollerán se o alumno/a non asistiu ás clases na data prevista para a súa entrega por falta xustificada e documentada oficialmente (mediante xustificante médico ou similar), en aplicación das normas impostas polo centro para a realización de exame. Ditos traballos deberán entregarse en canto o alumno se incorpore despois da falta.

Ningún comentario:

Publicar un comentario