E, a continuación, o vídeo que xa vimos na aula acerca do debuxo de figura, centrando a atención nos ritmos liñais e no equilibrio formal.
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
xoves, 28 de xaneiro de 2016
Anatomía. Harmonía e ritmo do debuxo do corpo
E, a continuación, o vídeo que xa vimos na aula acerca do debuxo de figura, centrando a atención nos ritmos liñais e no equilibrio formal.
luns, 25 de xaneiro de 2016
Traballo 13
PAU 2003. Xuño. Opción 1. Realizar un debuxo onde interveñan tres prismas de base rectangular de distintos tamaños; un deles deberá estar superposto ós outros dous, o foco lumínico situarase á esquerda dos corpos. DINA3 a grafito ou carboncillo (poderase facer a tinta se é a base de aguadas cunha correcta valoración de luces e sombras).
martes, 19 de xaneiro de 2016
Ingres e a súa pegada na obra doutros artistas
mércores, 16 de decembro de 2015
Traballo de Nadal. Composición e valoración
Primeira parte: Elaborar unha composición equilibrada (bodegón ou figura) da cal se tomarán fotografías desde diferentes puntos de vista, ata conseguir a definitiva, que me enviaredes por mail mariaalvarez@edu.xunta.es (en minúsculas) na semana de entrega.
Haberá que ter en conta os seguintes aspectos:
Lembrade que tedes varios recursos colgados neste blog para refrescar coñecementos de valoración
http://odebuxodemaria.blogspot.com.es/2015/10/para-os-alumnos-e-alumnas-que-tenan.html
Haberá que ter en conta os seguintes aspectos:
- Tema
- Encadre
- Proporción
- Perspectiva / P.de vista
- Luz
- Claroscuro
- Cor
- Relación figura / fondo
- Textura
Lembrade que tedes varios recursos colgados neste blog para refrescar coñecementos de valoración
http://odebuxodemaria.blogspot.com.es/2015/10/para-os-alumnos-e-alumnas-que-tenan.html
martes, 15 de decembro de 2015
Traballo 12._Exame PAU 2015. Xuño. Opción B
1. Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos, de entre os seguintes instrumentos musicais: un tambor, unha trompeta, un saxofón, un piano e unha guitarra española. A organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de claroscuro.
2. Con técnica libre* realizar unha interpretación da obra de CANALETTO (Giovanni Antonio Canal), c.1723-1724: Piazza San Marco. Óleo sobre tea, 141,5 x 204,5 cm. Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid.
* Como base da interpretación partiremos dunha estrutura liñal,
documentándonos sobre a obra da pintora portuguesa Vieira da Silva
xoves, 3 de decembro de 2015
mércores, 18 de novembro de 2015
Criterios de cualificación
DEBUXO ARTÍSTICO II
Criterios de cualificación
Os
criterios de cualificación a ter en conta na avaliación de cada
traballo polo profesor/a serán os seguintes:
- Aplicación correcta dos contidos conceptuais adecuados á consecución da mensaxe proposta.
- Dominio das técnicas de debuxo e posta en práctica para a consecución da mensaxe proposta.
- Manexo correcto dos instrumentos e materiais empregados.
- Presentación e acabado dos traballos, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
- Adecuación ás instrucións e condicións postas polo profesor para cada traballo.
O
resultado de cada avaliación virá dado pola media dos traballos
e probas avaliadas e terá en conta o grao de consecución dos
obxectivos formulados nesta programación e a evolución do alumno/a
durante o curso.
Cada
trimestre faranse dúas probas avaliables (excepcionalmente
poderá ser unha máis se é necesario), que poderán ser de carácter
teórico ou práctico e que suporán o 50% da nota. Avaliaranse
tamén un mínimo de catro traballos con nota numérica, que
suporán o outro 50% da nota, empregando os demáis para comentario
conxunto na aula e axuste de nota (non terán un peso de máis do
10%)
Non
se fará media se as notas de exame ou do conxunto dos traballos do
trimestre non chegan ao catro.
Os
traballos entregados fóra de prazo só se recollerán se o alumno/a
non asistiu ás clases na data prevista para a súa entrega por falta
xustificada e documentada oficialmente (mediante xustificante médico
ou similar), en aplicación das normas impostas polo centro para a
realización de exame. Ditos traballos deberán entregarse en canto o
alumno se incorpore despois da falta.
Información para o alumnado sobre os criterios de avaliación
INFORMACIÓN
PARA O ALUMNADO SOBRE OS CRITERIOS DE AVALIACIÓN
DEBUXO
ARTÍSTICO II – CURSO 2018 / 2019
Procedementos e instrumentos de avaliación
Os
alumnos/as serán avaliados da materia mediante os seguintes
instrumentos:
-
Traballo na aula, con correccións do profesor/a e anotación por parte deste/a acerca do emprego dos distintos materiais, aplicación das correccións recibidas progresión, e carencias a corrixir.
-
Presentación de traballos sobre os contidos do curso, realizados na aula e na casa, seguindo as instrucións dadas polo profesor/a en canto a formato, técnicas, materiais, etc, que se deberán entregar nas datas indicadas.
-
Realización de probas teórico-prácticas nas que se poñan en práctica os contidos esixibles, no tempo indicado polo profesor/a e seguindo as instrucións que se dean.
Criterios
sobre a avaliación, cualificación e promoción do alumnado
Os
criterios de cualificación a ter en conta na avaliación de cada
traballo polo profesor/a serán os seguintes:
-
Aplicación correcta dos contidos conceptuais adecuados á consecución da mensaxe proposta.
-
Dominio das técnicas de debuxo e posta en práctica para a consecución da mensaxe proposta.
-
Manexo correcto dos instrumentos e materiais empregados.
-
Presentación e acabado dos traballos, tendo en conta a limpeza, claridade e orde.
-
Adecuación ás instrucións e condicións postas polo profesor para cada traballo.
O
resultado de cada avaliación virá dado pola media dos traballos
e probas avaliadas e terá en conta o grao de consecución dos
obxectivos formulados nesta programación e a evolución do alumno/a
durante o curso:
Instrumentos
de avaliación
|
Nº
traballos avaliables
|
Ponderación
sobre a nota
|
Traballo
na aula
|
Diario
|
10
%
|
Traballos
semanais
|
Catro
/ cinco por avaliación
|
40
%
|
Probas
prácticas
|
Dúas
por avaliación
|
50
%
|
Traballos
a maiores / excelentes
|
Catro
/ cinco por avaliación
|
Até
un punto máis na nota (10 %)
|
Non
se fará media se as notas de exame ou do conxunto dos traballos do
trimestre non chegan ó catro.
Os
traballos entregados fora de prazo só se recollerán se o alumno/a
non asistiu ás clases na data prevista para a súa entrega por falta
xustificada e documentada oficialmente (mediante xustificante médico
ou similar), en aplicación das normas impostas polo centro para a
realización de exame. Ditos traballos deberán entregarse en canto o
alumno se incorpore despois da falta.
Todos
os traballos elaborados polos alumnos/as deberán permanecer en
posesión do profesor/a ata finalizar as datas oficiais de
reclamación ás cualificacións.
Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación das materias pendentes
Mecanismos para recuperar unha avaliación non superada
Se
a avaliación non foi superada por falta (ou pouca calidade) de
traballos entregados, indicarase a cada alumno/a os traballos que
debe volver a realizar e que se entregarán nunha data fixada da
terceira avaliación. Nalgúns casos se recuperará a nota dun
traballo por medio de traballos posteriores que serven para avaliar o
mesmo estándar, polo que non se pedirá a repetición dos traballos
anteriores. No caso de ter faltado a exames por causa xustificada e
debidamente documentada, repetirase o mesmo. Se non houbese
xustificación, o alumno poderá presentarse ao exame final de xuño.
Igualmente, os alumnos que non acaden o aprobado nalgunha avaliación
por non ter chegado ao catro nas probas teórico-prácticas, poderán
presentarse á proba ordinaria de xuño e á extraordinaria (a partir deste curso, tamén en xuño). O profesor facilitará a recuperación da materia con
traballos de reforzo e orientacións metodolóxicas.
Avaliación final
A
cualificación final do curso obterase da media das tres avaliacións
(antes do redondeo), ponderadas do seguinte xeito, que valora a
evolución do alumno durante o curso:
1ª
avaliación
|
2ª
avaliación:
|
3ª
avaliación
|
30% |
30% |
40% |
A
nota final expresarase cun número enteiro. Os decimais redondearanse
tendo en conta o primeiro decimal:
-
se é >5, redondéase até o seguinte número enteiro
-
se é <5, redondéase até o anterior número enteiro
-
se é =5, redondéase até o anterior número enteiro
Se
o resultado de dita media é inferior a 5, ou se perdeu o dereito a
avaliación continua, o alumno/a deberá presentarse a unha proba de
avaliación final, que consistirá nun exame práctico presencial.
Avaliación extraordinaria de xuño
O
alumnado que non acade o aprobado en xuño, poderá presentarse a
unha proba práctica a finais de xuño, nas datas previas ás que marque a Consellería para as probas ABAU de xullo.
luns, 16 de novembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)































