Facer
unha proposta cromática para a aula de Debuxo Artístico. Poderá
intervirse nas paredes, no teito ou no pavimento, plantexar unha
instalación... Poderán empregarse diferentes materiais, se así o
precisas: telas, plásticos...
Deberá
incluirse unha perspectiva/axonometría do espazo traballado, así como
probas de cor, bocetos, detalles... Todo o que consideres necesario para
que se entenda a túa proposta. Podes repasar a presentación vista na clase se o precisas.
Tamaño: DINA3. Técnica: libre.
*Para a túa intervención contas con total liberdade, sempre que respectes:
- a morfoloxía e características da aula: non se poderá
alterar a disposición das ventás ou obviar elementos fixos da estancia
como as estufas...
- a actividade que se desenvolve na aula e todo o que eso
implica: por exemplo, non sería adecuada unha proposta que obstaculizase
a disposición e emprego dos caballetes... Ten en conta a función e o
uso que das á túa aula e deseña o espazo en consecuencia.
Data de entrega: luns, 22 de marzo.
Se tes interese polo deseño de interiores, podes consultar este enlace á web da EASD Pablo Picasso.
A continuación tedes algúns EXEMPLOS de posibles presentacións do traballo (no voso caso, aplicado á aula de debuxo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario