sábado, 4 de marzo de 2017

Traballo 15

PAU 2003. Setembro. Opción 2. (Práctica acuarela) Empregando acuarela (que pode estar combinada con outras técnicas) e realizando, se é necesario, bocetos previos noutras follas, realizar unha composición interpretando gráficamente o texto seguinte:

"Pouco a pouco a primavera deu paso ós días longos, calorosos e cegadores do verán; as cigarras, renxentes e excitadas polo cambio, facían tremer a illa enteira cos seus berros. No campo comezaba a encherse o millo, os sedosos pelos do millo pasaban do castaño ao loiro; cando rasgando a envoltura de follas cravabas o dente nas ringleiras de grans nacarados, un zume coma leite saltábache á boca"

Gerald Durrell "A miña familia e outros animais" 

Coma sempre, DINA3 e papel axeitado para a técnica empregada . Entrega o 20 de marzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario