Este traballo en DINA 2 é feito na aula durante cinco sesións, comezando o luns 13 de outubro.
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
xoves, 2 de outubro de 2025
martes, 23 de setembro de 2025
Traballo 3. Debuxo analítico / Debuxo sintético
Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado (en total, entregaredes dous DINA3)
Data de entrega: 6 de outubro
Proxecto Sketchbook (de participación voluntaria)
("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)
Este
proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración
dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que
rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel
axeitado para soportar augada (gramaxe de 160 ou máis).
Datas de entrega: 15 de decembro: 35 páxinas rematadas
2ª Entrega: 16 de marzo: 80 páxinas rematadas
Ao
longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas,
empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel),
acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas).
Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será o 1 de outubro,
e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un
dos traballos. Na terceira avaliación
entregarase con 80 páxinas (mínimo) rematadas e poderá substituír unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook
recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais
empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática,
a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un
enlace a máis debuxos do grupo USK_España
martes, 2 de setembro de 2025
Traballo 2_ XIII Certame de debuxo de natureza Hábitat
Como práctica de cor, vas realizar un debuxo (ou máis de un se queres) seguindo as instrucións do XIII Certame do Grupo Naturalista Hábitat.
Tamaño DINA4. Entrega: 29 de setembro. Técnica libre (pero recoméndase empregar lápis de cor ou lápis de cor acuarelable).
Aquí tes as Bases do Certame e lembra que se queres participar realmente no certame terás que inscribirte online no seguinte ENLACE
Para facilitar o traballo poño aquí o listado de especies a elixir:
Amieiro (Alnus glutinosa)
Anémona dos bosques (Anemonoides nemorosa)
Malvela (Glechoma hederacea)
Crista de galo grande (Serapias cordigera)
Cantarela (Cantharellus cibarius)
Verdiña de ollos brancos (Callophrys rubi)
Esfinxe abellón (Hemaris fuciformis)
Abella lonxicorne (Eucera longicornis)
Patexa branca (Platycnemis latipes)
Escaravello escuálido (Tropinota squalida)
Cicindela común (Cicindela campestris)
Ra de santo Antón (Hyla molleri)
Víbora de Seoane (Vipera seoanei)
Anduriña de cu branco (Delichon urbicum)
Picapau grande (Dendrocopos major)
Corzo (Capreolus capreolus)
Algúns exemplos de debuxos de cursos anteriores:
Traballo 1. Nove obxectos a grafito
Debuxa nove obxectos cotiáns de xeito realista nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Coida tamén a composición e a limpeza da lámina.
Entrega: 22 de setembro (foto na AV e en papel na clase)
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:
Benvida ao curso 2025 / 2026
Benvid@s á clase de Debuxo Artístico II.
Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, case sempre haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o luns seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota). Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén. Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).
martes, 22 de abril de 2025
Prácticas debuxo figura espida
Aquí hai máis videos de práctica para antes do exame de apuntes
1. Con instrucións para encaixar
2. Con exemplos de encaixe en vivo
3. Titorial en inglés con subtítulos
4. Debuxo de figura con atención a detalles anatómicos
5. Poses espido masculino (tipo exame apuntes)
6. Poses espido feminino (tipo exame apuntes)
xoves, 3 de abril de 2025
Traballo 20. Prácticas de debuxo de espido
luns, 31 de marzo de 2025
Traballo 19. Parte teórica do exame PAU.
Partindo do exame de exemplo que envía a CIUG para a proba PAU de debuxo artístico, dá resposta ás tres preguntas teóricas, tendo en conta as instrucións da CIUG:
"Nestas cuestións o estudante deberá facer un comentario dunha extensión aproximada de 12 liñas ou 200 palabras" (por cada pregunta) e tamén que á hora de corrixir "teranse en conta os seguintes aspectos:
- A capacidade de reflexión sobre o proceso creativo desde o boceto ata a realización da obra.
- A capacidade de análise sobre a obra e a cuestión proposta.
- A claridade expositiva."
Entrega pola aula virtual no apartado "Entrega de traballos" antes das 15:00 h. do sábado 5 de abril.
venres, 7 de marzo de 2025
Traballo 17_ Exploración do Impresionismo
Despois de ver a presentación feita por Belén ("Percibindo a Arte", para consultala está na aula virtual de debuxo no apartado de Historia da Arte ) debuxar do natural (ou a partir de fotos propias) unha paisaxe en catro momentos diferentes á maneira dos impresionistas, cos cambios de luz e cor que se aprecien.
Haberá que escribir un comentario sobre a propia obra de mínimo 60 palabras e máximo unha páxina, que pode ir escrita directamente na parte traseira do traballo.*
As fotos empregadas como referencia e as fotos dos apuntes a acuarela feitos na praia deberán entregarse pola aula virtual, nun so documento en pdf.
Técnica: calquera non dixital semellante ao acabado dos cadros impresionistas (acuarela, témpera, acrílico, rotulador de punta ancha-branda...)
Formato: Nun DINA3 situar as catro imaxes, que serán de igual tamaño entre elas (aprox.DINA5)
Data de entrega: 2ºD,E,F: 17 de marzo, 2ºC e 2ºG: 18 de marzo (2ºC e G teñen saída cultural o 18, pero entregarán o traballo en conserxería antes de saír).
*Axuda para realizar o comentario. Podedes facervos as seguintes preguntas:
- Que transmite o lugar elixido? E a obra (cores, formato...)?
- Cambia a sensación/mensaxe transmitidas en cada unha das pezas?
- Sucede algo diferente no espazo representado en cada imaxe? (se non é así... Que imaxinas que podería ter sucedido nese espazo nos diferentes momentos?)
- Por que elixes este espazo e non outro?















































