Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros canto máis cerca se debuxen as liñas entre si e cantas máis liñas se crucen para formar a trama).
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
martes, 14 de novembro de 2023
Traballo 6. Debuxo a tramas con tinta
luns, 13 de novembro de 2023
Traballo 5. Interpretación dunha obra
* Traballado con Paula
EXEMPLO da interpretación nun curso anterior do "Retrato dunha dama" de Grien (o primeiro cadro)
Traballo 4. Debuxo analítico / debuxo sintético
Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado (en total, entregaredes dous DINA3)
* Traballado con Paula
martes, 19 de setembro de 2023
"Proxecto Sketchbook" de participación voluntaria
("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)
Este
proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración
dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que
rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel
axeitado para soportar augada (gramaxe de 160 ou máis).
ATENCIÓN, cambio de datas da 1ª entrega:
Datas de entrega:Na semana do 5-9 de febreiro: 45 páxinas rematadas
Na primeira semana de abril: 75 páxinas rematadas
Ao longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas, empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel), acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas). Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de novembro, e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un dos traballos. Na terceira avaliación entregarase (1ª semana de abril) con 75 páxinas (mínimo) rematadas e poderá substituír unha das notas de exame. ATENCIÓN: CAMBIO DE DATA DE ENTREGA FINAL: PASA Á 2ª SEMANA DE ABRIL
As primeiras páxinas do sketchbook recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática, a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un enlace a máis debuxos do grupo USK_España











































