Haberá
que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma,
rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Luns, 27 de novembro.
Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros canto máis cerca se debuxen as liñas entre si e cantas máis liñas se crucen para formar a trama).
Ningún comentario:
Publicar un comentario