xoves, 2 de xuño de 2016

Exposición de traballos na Sala Plataforma14

Xa temos cartel!

Aviso importante: No que queda de semana vou facer a selección definitiva de traballos para enmarcar e levar á exposición e aínda me falta documentación dos artistas. Todos os que participades na expo  tedes que traer sen falta unha fotocopia do voso DNI e, se sodes menores de idade, un permiso paterno/materno coa fotocopia do DNI da persona que asina o permiso ANTES DO LUNS 6 (os que xa o teñan feito non teñen que volver a traelo)


Non podemos amosar ningún traballo se non temos esa documentación. Vale escanear o DNI e envialo ao meu correo: mariaalvarez@edu.xunta.es

Lembrade tamén que se queredes incluír na mostra os libros de artista feitos en volume o ano pasado ou libretas de apuntes e debuxos tedes que traelos polo instituto antes do día 8 de xuño.

xoves, 28 de abril de 2016

HISTORIA DA ARTE CONTEMPORÁNEA

Por se queredes repasar algo de Hª da Arte Contemporánea clicando aquí tedes a presentación que vimos na clase.

luns, 18 de abril de 2016

mércores, 13 de abril de 2016

Nove vantaxes de levar sempre contigo un caderno de debuxo

E non o digo eu:
Le aquí

Traballo 18

Nesta ocasión o traballo consistiu en retratar a un compañeiro/a empregando os recursos propios da ilustradora Paula Bonet. Os resultados foron -en xeral- bastante bos. A continuación, algúns exemplos:

























martes, 12 de abril de 2016

Moi interesante

Vale a pena navegar por algún taboleiros de PINTEREST. Por exemplo:
Páxina interesante para estudantes de arte:
https://es.pinterest.com/studentartguide/
Sketchbooks:
https://es.pinterest.com/explore/sketchbook-artístico-961607313597/
https://es.pinterest.com/explore/cuadernos-de%20dibujo-896160701450/
Técnicas mixtas:
https://es.pinterest.com/tgatheringnest/mixed-media-art-dolls/

Traballo 19

Buscar entre cinco e dez ilustracións dun ilustrador/a que che interese e gardalas nun pen-drive para compartilas na clase. Facer una ilustración propia empregando o estilo do ilustrador elixido. Técnica libre e formato DINA3. Entrega o luns 18.

sábado, 9 de abril de 2016

Recuperación da 1ª e 2ª avaliación

 Os alumnos que teñan suspensa a 1ª e/ou a 2ª avaliación por falta de traballos entregados, poden recuperalas mediante a entrega dos traballos pendentes, durante a semana do 18 ao 22 de abril.
 

2º BAC B Traballos pendentes
Nº Alumno/a T1 T2 T3 T4 T5 T7 T8 T9 T10 T11 T12 T13 T14 Nadal
1 Fernández Richer, Ana x

x x
x



x
x
2 Larios Etchevers, Teresa
x x x
x x x x x
x

3 Pena Cuevas, José Juan






x x

x
x
5 Pérez Montero, Jovy


x
x x






7 Vázquez Santos, Iria Ánxela

x x x x x x x

x
x

 

2º BAC C Traballos pendentes
Nº Alumno/a T1 T2 T3 T4 T5 T7 T8 T9 T10 T11 T12 T13 T14 Nadal
4 Brasil Agrelo, Luisa










x
x
6 Caramés Urciuoli, Santiago

x x x x x


x x x x
10 Fente Sánchez, Daniel x

x x
x



x x x
16 Mato Rama, Kassandra x



x x




x x
21 Olveira Queijo, Sarah

x

x x





x
24 Rincones Guevara, Astrid x x x x x x x x x x x x x x



2º BAC D Traballos pendentes
Nº Alumno/a T1 T2 T3 T4 T5 T7 T8 T9 T10 T11 T12 T13 T14 Nadal
2 Amigo Barreiro, Iria


x
x x


x
x x
7 Blanco San Vicente, Eloy x

x x x x x x x x x x x
13 Eiriksson Schimmelman, Jakob x x x x x
x


x x x x
25 Ponte Doldán, Antón
x
x

x x x x
x x x
26 Ríos Vigo, Omar
x x


x

x
x x
27 Rodrigues Lamei, Sherrey María x x x x x x x x x x x x x x

mércores, 16 de marzo de 2016

Traballo 17 (vacacións Semana Santa)

Estudo da obra de catro ilustradores. Entrega: martes 29 de marzo

Buscar traballos dos seguintes ilustradores, e facer unha análise por escrito das características do seu estilo.
  • Dave McKean
  • Elena Odriozola
  • Takashi Murakami
  • Paula Bonet
Haberá que comentar, polo menos, os seguintes aspectos:
  • Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
  • Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
  • Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
  • Estilo (realista, pop, infantil...)
  • Temática
  • Composición
  • Textura, profundidade, valoración...
  • Simbolismo das imaxes
  • Influencia de estilos artísticos/artistas
E, por último, debedes elixir dous dos ilustradores dados e copiar unha ilustración de cada un, a DINA3. Se non son exactas non hai problema, mentres exploredes as técnicas e estilos de cada un.