martes, 1 de marzo de 2016

Traballo 16: Colección de obxectos.

Os obxectos teñen unha vida, unha historia, e cando os desechamos son condenados a morte. O artista pode dotalos dunha nova vida, convertíndoos na propia obra de arte como fixo Duchamp ou empregándoos como materia a partires da que crear, como Jacqueline Bonacic-Doric ou Fardou Louise Keuning.
Duchamp, M. (1917) Fountain

Para este traballo ides coleccionar materia, apropiarédesvos dos obxectos que atopedes en calquer lugar, cómpre que vos resulten interesantes e suxerintes, que vos inspiren a traballar con eles.


Bonacic-Doric, J. Heroes Yacentes
Tamén precisaredes de materiais cos que debuxar diferentes ós convencionais, polo que ide recompilando cousas que deixen un trazo ou que podan ser un trazo en si mesmo, como o fío.

Fardou Louise Keuning

En conclusión, as tarefas son:

1- Reunir obxectos que vos inspiren.
2 - Reunir materiais que debuxen e non sexan os que adoitades enmpregar.

Tedes toda esta semana para reunilos, o luns 7 empezaremos a traballar con eles.

luns, 15 de febreiro de 2016

Traballo 15

15._Na folla entregada na clase debuxar a liña en cor fría o esqueleto de fronte, espaldas e perfil como corresponde ás posicións corporais dadas. Documentádevos con libros de anatomía, imaxes da rede ou empregando o enlace dado anteriormente.

luns, 1 de febreiro de 2016

Traballo 14

PAU 2003. Setembro. Opción 2. Con técnica libre e realizando, se é necesario, bocetos previos noutras follas, realizar unha composición interpretando gráficamente o texto seguinte:

"Pouco a pouco a primavera deu paso ós días longos, calorosos e cegadores do verán; as cigarras, renxentes e excitadas polo cambio, facían tremer a illa enteira cos seus berros. No campo comezaba a encherse o millo, os sedosos pelos do millo pasaban do castaño ao loiro; cando rasgando a envoltura de follas cravabas o dente nas ringleiras de grans nacarados, un zume coma leite saltábache á boca"

Gerald Durrell "A miña familia e outros animais"

xoves, 28 de xaneiro de 2016

Anatomía. Harmonía e ritmo do debuxo do corpo

Enlace con ilustracións e imaxes relacionadas coa anatomía aplicada ao debuxo artístico.

E, a continuación, o vídeo que xa vimos na aula acerca do debuxo de figura, centrando a atención nos ritmos liñais e no equilibrio formal.


luns, 25 de xaneiro de 2016

Traballo 13

PAU 2003. Xuño. Opción 1. Realizar un debuxo onde interveñan tres prismas de base rectangular de distintos tamaños; un deles deberá estar superposto ós outros dous, o foco lumínico situarase á esquerda dos corpos. DINA3 a grafito ou carboncillo (poderase facer a tinta se é a base de aguadas cunha correcta valoración de luces e sombras).

martes, 19 de xaneiro de 2016

Ingres e a súa pegada na obra doutros artistas

 Ingres no Museo do Prado

Unha retrospectiva do pintor francés chega por primeira vez ao Museo do Prado. As súas obras perviven en artistas como Michael Jackson, Picasso, Man Ray, Cindy Sherman ou Godard

Para ver algúns exemplos, pincha aquí

E tamén podes ver un video sobre a exposición 




mércores, 16 de decembro de 2015

Traballo de Nadal. Composición e valoración

Primeira parte: Elaborar unha composición equilibrada (bodegón ou figura) da cal se tomarán fotografías desde diferentes puntos de vista, ata conseguir a definitiva, que me enviaredes por mail mariaalvarez@edu.xunta.es  (en minúsculas)   na semana de entrega.
Haberá que ter en conta os seguintes aspectos:
  • Tema
  • Encadre
  • Proporción
  • Perspectiva / P.de vista
  • Luz
  • Claroscuro
  • Cor
  • Relación figura / fondo
  • Textura
Segunda parte: Representar a composición elixida con tres técnicas gráficas, incidindo na valoración (traballo de luces e sombras) principalmente. As técnicas serán: tinta (con pincel), carboncillo e outra libre. Todas a DINA3.

Lembrade que tedes varios recursos colgados neste blog para refrescar coñecementos de valoración
http://odebuxodemaria.blogspot.com.es/2015/10/para-os-alumnos-e-alumnas-que-tenan.html

martes, 15 de decembro de 2015

Traballo 12._Exame PAU 2015. Xuño. Opción B


1. Realizar un debuxo onde interveñan como mínimo tres elementos, de entre os seguintes instrumentos musicais: un tambor, unha trompeta, un saxofón, un piano e unha guitarra española. A organización do debuxo e a súa composición fundamentaranse na situación espacial dos obxectos, nas súas proporcións e nas relacións de claroscuro.
2. Con técnica libre* realizar unha interpretación da obra de CANALETTO (Giovanni Antonio Canal), c.1723-1724: Piazza San Marco. Óleo sobre tea, 141,5 x 204,5 cm. Museo Thyssen-Bornemisza, Madrid.

* Como base da interpretación partiremos dunha estrutura liñal, documentándonos sobre a obra da pintora portuguesa Vieira da Silva