Como práctica de cor, vas realizar un debuxo (ou máis de un se queres) seguindo as instrucións do XIV Certame do Grupo Naturalista Hábitat.
Tamaño DINA4. Entrega: 9 de novembro (entrega dixital ata o domingo 8 pola noite). Técnica libre non dixital (pero recoméndase empregar lápis de cor ou lápis de cor acuarelable).
Aquí tes as Bases do Certame e lembra que se queres participar realmente no certame terás que inscribirte online no seguinte ENLACE
Para facilitar o traballo poño aquí o listado de especies a elixir:
Sabugueiro (Sambucus nigra)
Herba de san Xoán (Hypericum perforatum)
Chocalleira maior (Briza maxima)
Mosca abella (Eristalis tenax)
Candil curvado (Onychogomphus uncatus)
Barbantesa (Mantis religiosa)
Voalla dos xardíns (Arctia caja)
Carricanta de Seoane (Neocallicrania selligera)
Chinguro dos bosques (Limenitis camilla)
Lagartixa galega (Podarcis bocagei)
Cobra lisa europea (Coronella austriaca)
Cirrio eurasiático (Apus apus)
Aguia calzada (Hieraaetus pennatus)
Picanzo vermello (Lanius collurio)
Ourizo cacho (Erinaceus europaeus)
Lebre ibérica (Lepus granatensis)
Algúns exemplos de debuxos de cursos anteriores:


















Ningún comentario:
Publicar un comentario