venres, 7 de marzo de 2025

Traballo 17_ Exploración do Impresionismo

Despois de ver a presentación feita por Belén ("Percibindo a Arte", para consultala está na aula virtual de debuxo no apartado de Historia da Arte ) debuxar do natural (ou a partir de fotos propias) unha paisaxe en catro momentos diferentes á maneira dos impresionistas, cos cambios de luz e cor que se aprecien. 

Haberá que escribir un comentario sobre a propia obra de mínimo 60 palabras e máximo unha páxina, que pode ir escrita directamente na parte traseira do traballo.

As fotos empregadas como referencia deberán entregarse pola aula virtual, nun so documento en pdf.

Técnica: calquera non dixital semellante ao acabado dos cadros impresionistas (acuarela, témpera, acrílico, rotulador de punta ancha-branda...)

Formato: Nun DINA3 situar as catro imaxes, que serán de igual tamaño entre elas (aprox.DINA5)

Data de entrega: 2ºD,E,F: 17 de marzo, 2ºC e 2ºG: 18 de marzo (2ºC e G teñen saída cultural o 18, pero entregarán o traballo en conserxería antes de saír).


Aquí tedes un exemplo de 6 das 30 obras que fixo Claude Monet da fachada da Catedral de Rouen.