("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)
Este
proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración
dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que
rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel
axeitado para soportar augada (gramaxe de 160 ou máis).
Datas de entrega: 9 - 10 de decembro: 35 páxinas rematadas
2ª Entrega: 17 - 18 de marzo: 80 páxinas rematadas
Ao
longo do curso, irase enchendo de debuxos. As técnicas serán variadas,
empregando polo menos as seguintes: debuxo a lapis, tinta (boli de xel),
acuarela, tinta con augada e collage (poderanse combinar entre elas).
Seguindo as normas dos Urban Sketchers, os debuxos serán (a maioría) do natural, indicando lugar e data en cada un.
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será o 1 de outubro,
e servirá como traballo cualificable, na 2ª avaliación substituirá a un
dos traballos. Na terceira avaliación
entregarase con 80 páxinas (mínimo) rematadas e poderá substituír unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook
recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais
empregados no libro. Valorarase a experimentación, a variedade temática,
a calidade do debuxo e a evolución ao longo das páxinas. Aquí tedes un
enlace a máis debuxos do grupo USK_España

