DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
martes, 20 de setembro de 2022
Traballo 2. Tinta e augada "Para a cama"
domingo, 4 de setembro de 2022
Traballo 1. Nove obxectos
Debuxa nove obxectos cotiáns de xeito realista nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Coida tamén a composición e a limpeza da lámina. Entrega: Martes, 20 de setembro.
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:
Benvidas e benvidos á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada martes haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o martes seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota). Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén. Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).
martes, 14 de xuño de 2022
EXAME FINAL_ AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA
mércores, 11 de maio de 2022
Recollida de traballos de DEAII
Os traballos realizados durante o curso 2021/22 poderánse recoller os días 24, 25 e 26 de maio, na aula de debuxo artístico despois do recreo (11:45).
xoves, 31 de marzo de 2022
Traballo 15. Ilustración (e traballo voluntario)
Buscar traballos dos seguintes ilustradores, e facer unha análise das características do seu estilo.
- Dave McKean
- Elena Odriozola
- Takashi Murakami
- Paula Bonet
- Gino Rubert
- Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
- Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
- Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
- Estilo (realista, pop, infantil...)
- Temática
- Composición
- Textura, profundidade, valoración...
- Simbolismo das imaxes
- Influencia de estilos artísticos/artistas
E, por último, debedes elixir a un/unha dos ilustradores dados e
retratar a un compañero empregando os recursos propios do ilustrador,
escribindo no reverso do debuxo as características antes comentadas.
Formato: DINA3. Técnica: A máis axeitada dependendo do artista elixido.
Deixo estas ilustracións de Paula Bonet a modo de exemplo:
Traballo 16. Presentación oral
- Amosar entre 6 e 10 traballos seus (traelos nun pen drive, listos para proxectar, como imaxes soltas ou nunha presentación)
- Oralmente, facer unha introdución biográfica e profesional
- Explicar os rasgos estilísticos propios dos seus traballos*
- Respostar ás preguntas que se fagan durante a presentación
- Uso da liña: tipo de liña, importancia da mesma nas ilustracións, material, síntese, estilo (xeométricas, orgánicas, realistas... )
- Uso da cor: gamas de cores, aplicación realista ou non da cor, tratamento colorista, sobrio, características...
- Técnica (tinta, óleo, rotuladores, grafito, dixital, collage, mixta...)
- Estilo (realista, pop, infantil...)
- Temática
- Composición
- Textura, profundidade, valoración...
- Simbolismo das imaxes
- Influencia de estilos artísticos/artistas
Comezarán as presentacións na aula o luns 25 de abril
luns, 21 de marzo de 2022
Traballo 14. Prácticas acuarela
En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente posible. Data de entrega: luns 4 de abril
Aquí tes o enlace ás acuarelas que vimos na aula.
xoves, 17 de marzo de 2022
Traballo 13. Interpretación gráfica dun texto (ABAU, Setembro 2002)
Realizar unha interpretación do seguinte texto de Brotes ( da Antoloxía persoal de Yehuda Amichai)
"Púxenme un sombreiro para recordar
E todo se pechou na miña cabeza.
Quiteime un sombreiro para recordar
E os meus pensamentos voaron ó vento
Como semente que non xermina"
Técnica libre, tamaño DINA3. Data de entrega: luns 28 de marzo.
luns, 14 de marzo de 2022
Ritmo e harmonía no debuxo do corpo
Para completar as vosas prácticas en debuxo de espido tendo en conta os ritmos fluídos da figura
Video de repaso


































