Intervir os mapas dados en DINA3 utilizando as seguintes imaxes de referencia tendo en conta as indicacións da diapositiva.
Nun mapa realizarase a figura, no outro o retrato.
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
Intervir os mapas dados en DINA3 utilizando as seguintes imaxes de referencia tendo en conta as indicacións da diapositiva.
Nun mapa realizarase a figura, no outro o retrato.
Entra nos seguintes enlaces para practicar os apuntes de figura.
Traballo 10: Nun DINA3 fai varios apuntes de figura a grafito: dous de primeiros planos e entre catro e seis de figura. Vai equilibrando a composición para que quede equilibrada e interesante e non sobren demasiados espazos baleiros.
Data de entrega: Luns 14 de febreiro.
Debuxa unha vivenda minimalista empregando unha perspectiva cónica de dous puntos de fuga. Consulta antes a entrada anterior sobre perspectiva cónica e traballa seguindo as directrices dos videos de exemplo (casa 1, casa 2, casa 3) pero facendo o teu propio deseño. A casa debe ter como mínimo catro das seguintes condicións: dúas alturas - varias árbores/arbustos da mesma altura en perspectiva - porta - dúas ventás/cristaleiras - garaxe - piscina.
Emprega lapis duro para os trazos iniciais. O debuxo final poderá entregarse en B/N a lapis (ou/e tinta) ou a cor (totalmente ou con algúns toques). Tamaño: DINA3. Data de entrega: 10 de xaneiro.
Neste enlace tedes algunhas casas de exemplo.
Para repasar un pouquiño a aplicación da perspectiva cónica ao debuxo artístico, deixo aquí algúns enlaces interesantes:
CÓNICA FRONTAL (un punto de fuga)
Paisaxe con vía tren
CÓNICA OBLÍCUA (dous puntos de fuga)
Entrega un debuxo a DINA3 e técnica libre do que queiras. O que che guste debuxar, sen límite de temática ou estilo. Data de entrega: luns 10 de xaneiro.
("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)
Este
proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración
dun caderno de apuntes de -polo menos- cuarenta follas, nun formato que
rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel
axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).
Datas de entrega:
27/01/22: 25 páxinas rematadas
21/04/22: 66 páxinas rematadas

Cinco debuxos realistas
a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para
debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous
debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben
ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é
imprescindible. Cada un dos debuxos ocupará un formato DINA4 completo (unha man nun DinA4, outra noutro...etc)
Data de entrega: Luns, 10 de xaneiro.
Primeiro, estuda a obra de Egon Schiele, especialmente os seus debuxos. Analiza o tipo de liña que emprega, as cores elixidas e a aplicación das mesmas, a composición dentro do papel, a actitude dos retratados...
Haberá que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma, rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Luns, 15 de novembro.
Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros cantas máis liñas se crucen para formar a trama).