DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
domingo, 15 de novembro de 2020
venres, 13 de novembro de 2020
venres, 30 de outubro de 2020
Traballo 5. Debuxo Analítico / Síntese
Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado (en total, entregaredes dous DINA3)
Data de entrega: Luns 16 de novembro.
luns, 26 de outubro de 2020
Traballo 4. Interpretación do díptico dos Duques de Urbino
Interpreta a obra de Piero Della Francesca "Díptico dos Duques de Urbino" (temple sobre tabla,
1472) en DINA3 e Técnica libre. Entrega o martes 3 de novembro. No seguinte enlace podedes ver exemplos de traballos de interpretación doutros anos.
luns, 19 de outubro de 2020
VALORACIÒN TONAL. Repaso de principios bàsicos
Como sabedes, a valoración consiste no tratamento de luces e sombras
nun debuxo. Para repasar algúns conceptos básicos do tema, déixovos aquí
os seguintes enlaces:
http://es.slideshare.net/konbob/luz-y-volumen-8281606?next_slideshow=1
venres, 9 de outubro de 2020
Traballo 3. Gradacións en tinta
domingo, 4 de outubro de 2020
Traballo 2. Nove obxectos cotiáns
Traballo 2. Debuxa nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito, prestando
especial atención á valoración de luces e sombras. Entrega: Martes, 13 de outubro (os grupos que non teñan clase nesa data entregarán o traballo na primeira clase de DEAII a partires do día 13)
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:
martes, 8 de setembro de 2020
Traballo 1. Práctica de cor. Certame Hábitat
ATENCIÓN: Instrucións para recuperar os debuxos presentados:
Chamar ao teléfono 981 135 014 ou escribir ao correo habitat@gnhabitat.org dando o nome do autor/a do debuxo e o nº de debuxos presentados e quedar para ir recollelos á oficina da asociación (hai que quedar antes con eles xa que fan moitas actividades de exterior e non sempre hai alguén na oficina)
*Tamén podes inscribirte (nome e dous apelidos) nun listado na aula de DEA ata o venres 7, irá a profesora a recollelos e estarán no instituto para a semana que vén.
Como primeiro traballo de curso, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat.
- Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
- A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
Acherontia atropos / Esfinxe da Caveira
Anax ephipiger / Emperador peregrino
Lampetra fluviatilis / Lamprea de río
Nyctalus leisleri / Nóctulo pequeno
Vanellus vanellus / Avefría
Upupa epops / Bubela
Aythya fuligula / Pato cristado
Streptopelia turtur / Rula común
Hirundo rustica / Andoriña
Marchantia polymorpha / Hepática
Lycoperdon perlatum / Peido de lobo perlado
Polypodium vulgare / Fenteira común
Taraxacum officinale / Dente de león
Ulex europaeus / Toxo
Medicago polymorpha / Lucerna do rosco
Papaver rhoeas / Papoula
- Nome e apelidos completos do autor/a
- Título da obra
- Especie elixida
E un enlace aos traballos gañadores dunha edición anterior .


































