Debido á extensión do Estado de Alarma, a entrega dos traballos 18 e 19 terá que facerse por correo electrónico. Teredes que enviar unha foto de cada debuxo nun mesmo correo á miña conta de Gmail ou escanealo con Google Drive se preferides:
mariaalvarez@iesadormideras.es
A data de entrega segue a ser o 30 de marzo
Estoume poñendo ao día co uso das Aulas Virtuais por se nos resultase máis útil como canle de comunicación, xa vos avisarei se hai cambios.
Chéganos unha oferta de cursos online gratuítos para estudantes de 1º e 2º de bacharelato. Son para programar videoxogos e animación 2D/3D. Deixo aquí o enlace por se algún de vós está interesada/o.
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
mércores, 25 de marzo de 2020
domingo, 22 de marzo de 2020
Traballo 19. Prácticas de acuarela do natural e na casa
Esta semana deberíamos estar practicando o debuxo do natural coas nosas acuarelas nos arredores do Instituto. Como non pode ser, teremos que facelo do "natural" que nos rodea. O Traballo 19, para esta semana, consiste en facer tres acuarelas do natural:
- Unha dun bodegón -froitas, tazas, botellas, etc - e cunha técnica clásica (só acuarela, sen liñas a tinta)
- Outra, a vista desde un lugar da casa que permita ver o exterior con contornos de tinta (exemplo abaixo: vista desde o meu sofá)
- Outra libre, pode tamén ser un apunte rápido.
Lembrade que se debuxades a tinta antes de dar a cor haberá que asegurarse de que esta é waterproof para evitar manchas ao engadir a acuarela.
Teredes que empregar papel de acuarela, non é necesario que sexa un formato grande (entre DINA5 e DINA4, é dicir: o lado menor da folla medirá como mínimo 15cm e o maior como máximo 30cm).
Estas tres non se farán no Sketchbook e OXALÁ sexa posible entregalas en man o vindeiro luns 30 de marzo. Se non o é xa vos indicarei cómo entregalas de xeito virtual.
Déixovos aquí o enlace a PINTEREST para que botedes un ollo antes de facer o traballo.
Todos os que estades no proxecto Sketchbook aproveitade para practicar debuxando as cousas que vos rodean e escribide as sensacións e pensamentos que vos rondan (coidade a tipografía e o aspecto da parte escrita), ésta é unha situación sen precedentes e o debuxo e a escritura dan unha vía de escape ao desacougo. Coidádevos moito!!!
Engado aquí algúns dos mellores debuxos entregados:

luns, 16 de marzo de 2020
Recuperación de Avaliacións suspensas
Para recuperar a 1ª e/ou 2ª Avaliación haberá que entregar os traballos non entregados ou cunha nota inferior ao 5 na semana do 20 ao 24 de abril. Os que teñan suspenso pola nota dos exames terán que presentarse ao exame final de curso (figura a carboncillo en DINA2) nas datas que fixe o centro máis adiante.
Aquí tedes a táboa co alumnado que debe recuperar algunha avaliación:
Aquí tedes a táboa co alumnado que debe recuperar algunha avaliación:
Traballo Voluntario. Certame Hábitat 2020
Como xa coñecedes a mecánica do Certame Hábitat, colgo aquí as Bases do concurso deste ano 2020. Non é obrigatorio, pero quen queira participar, presentará cando nos reincorporemos ás clases normais (e antes do 30 de abril) un mínimo de dous debuxos a DINA4 e en técnica libre. Na materia de DEAII poderá supor unha puntuación extra para a 3ª Avaliación de 1 punto (máximo 0,5 puntos cada debuxo).
luns, 9 de marzo de 2020
Traballo 18. Prácticas de acuarela
En 2 DINA4 (ou 1 DINA3), reproduce a 1ª e 2ª acuarelas o máis fielmente
posible, deixando un espazo branco arredor do debuxo e pinceladas da
paleta empregada. Data de entrega: Luns, 16 de marzo AVISO: A entrega queda aprazada para o día 30 pola suspensión de clases decretada polo Goberno
Déixovos aquí uns "trucos" básicos para a acuarela.
Déixovos aquí uns "trucos" básicos para a acuarela.
venres, 28 de febreiro de 2020
Traballo 17. Probas de Acuarela
mércores, 19 de febreiro de 2020
Traballo 16. Bodegón cubista
Bodegón cubista
Realizar un bodegón tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre (acuarela, acrílico, ceras, collage, mixta...) DINA3. Entrega: Martes 3 de marzo
A continuación tedes algúns exemplos de bodegóns cubistas:

xoves, 6 de febreiro de 2020
Traballo 15. Bodegón PAU
Realizar un bodegón en DINA3 (grafito ou carboncillo) elixindo tres dos seguintes elementos frutais:
- Dúas laranxas
- Unhas peras
- Un acio de uvas
- Uns plátanos
- Un ananás
- Unhas ameixas
martes, 21 de xaneiro de 2020
Video de ritmos no debuxo de espido
Para completar as vosas prácticas en debuxo de espido tendo en conta os ritmos fluídos da figura
Video de repaso
Video de repaso
luns, 20 de xaneiro de 2020
Traballo 14. Debuxo de espido / Sketchbook
Para quen esté apuntado no Proxecto Sketchbook: Entrega do sketchbook cun mínimo de 36* páxinas con debuxos (sobre todo) do natural.
* (73 días desde o 15 de novembro)
Para o resto do alumnado:
Nos seguintes enlaces, buscar unha pose e facer un debuxo de espido en DINA3 e técnica seca (grafito, lápices de cores, acuarelables ou conté)
Poses de CHICA
Poses de CHICO
Data de entrega: 27 de xaneiro

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)