luns, 21 de outubro de 2019

Traballo 5. Debuxo Analítico / Síntese

Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña (cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón: emprega o menor número de liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un punto de vista máis elevado.    Data de entrega: Luns 28 de outubro.


Aquí están algúns dos vosos traballos:

























mércores, 2 de outubro de 2019

Traballo 4. Práctica de cor. Certame Hábitat

Para o cuarto traballo, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat.
Entrega: luns , 14 de outubro.

  • Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
  • A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
En cada debuxo representaredes a un exemplar das seguintes especies:

  1. Discoglosus galganoi / Sapiño pinto
  2. Saxicola rubicola / Chasco
  3. Cisticola juncidis / Carriza dos xuncos
  4. Microtus agrestis / Trilladeira dos prados
  5. Tiphaeus typhoeus / Minotauro
  6. Cardamine pratensis / Berro dos prados
  7. Anthocharis cardamines / Aurora común
  8. Lichnis flos-cuculi / Flor do cuco
  9. Episyrphus balteatus / Sirfido
  10. Apis mellifera / Abella
  11. Lumbricus friendi / Miñoca
  12. Anguis fragilis / Escáncer
  13. Asio flammeus / Curuxa das xunqueiras
  14. Linum bienne / Liño
  15. Vulpes vulpes / Raposo
  16. Lotus pedunculatus / Zoquiños
Por detrás de cada debuxo, a lapis, deberá indicarse:

  • Nome e apelidos completos do autor/a
  • Título da obra
  • Especie elixida 
Se queredes participar no certame, despois de entregados os traballos na aula, teredes que facer unha inscrición online, déixovos aquí o enlace ás Bases do Certame e ao Formulario de Inscrición.

Déixovos un enlace aos traballos gañadores dunha edición anterior .

luns, 30 de setembro de 2019

Traballo 3. Interpretación dunha obra

Interpreta a obra de Goya "As majas do balcón" (óleo sobre lenzo, 1810-12) en DINA3 e Técnica libre. Entrega o luns 7 de outubro.

luns, 23 de setembro de 2019

Traballo 2

Traballo 2. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.Data de entrega: 30 de setembro
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:
















venres, 13 de setembro de 2019

Traballo 1: Nove obxectos cotiáns

Traballo 1. Debuxa nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Entrega: Luns, 23 de setembro.
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:











martes, 10 de setembro de 2019

Comezo do Curso 2019 / 2020


Benvidas e benvidos á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada luns haberá un novo traballo semanal, que teredes que entregar o luns seguinte. So se recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela, haberá redución de nota)  Lembrade que para comezar teredes que traer un bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén.  Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).

martes, 11 de xuño de 2019

Exame Final DEA II. Convocatoria Extraordinaria de Xuño


Exame Final Extraordinario: 19 de xuño ás 12:45 / 17:00
Consistirá nun debuxo a carboncillo en formato DINA2. Pódense entregar os traballos que ao longo do curso tivesen unha nota inferior a 5 para facer o cálculo total de nota.

Se non se entregan os traballos, toda a nota dependerá do exame práctico, que deberá ter unha calidade sobresaliente como para compensar o suspenso do curso.

Na táboa seguinte está o listado de alumnos que deben presentarse ao exame, así como o listado de traballos que non alcanzaron a nota de suficiente:
 
Traballos pendentes / suspensos para entregar o día do exame
Grupo Nome























2ºC Boedo, Simón T2 T3 T5 T10 T11 T12 T13 T15 Sketchbook















2ºE López, Carmen T1 T3 T4 T7 T10 Sketchbook







2ºF Carnés, Juan T1 T3 T10 T12 T14 T15 Sketchbook





2ºF Formoso, Antía T1 T2 T7 T9 T10 T11 T12 T13 T14 Sketchbook
2ºF Toja, Víctor T1 T2 T5 T7 T11 T13 T14 Sketchbook