Primeiro, estuda a obra de Egon Schiele, especialmente os seus debuxos. Analiza o tipo de liña que emprega, as cores elixidas e a aplicación das mesmas, a composición dentro do papel, a actitude dos retratados...
Aquí tes algúns enlaces para axudarche:
WikiArt
Pinterest
Complete Works
Despois: En DINA3, fai un retrato dun compañeiro ou compañeira de clase (de DEAII, para que eu sexa quen de ver o parecido), ou un autorretrato se prefires, empregando unha ou varias das seguintes técnicas: grafito, carboncillo, lapis de cor (pode ser acuarelable), rotuladores, acuarela e témpera. Usa como inspiración os debuxos de Schiele, non as pinturas (ten que haber predominio da liña sobre a mancha de cor). Data de entrega: venres,16 de novembro.
Deixo aquí o tipo de debuxos aos que me refiro:
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
martes, 6 de novembro de 2018
venres, 19 de outubro de 2018
Traballo 5: Debuxo analítico / debuxo sintético
Traballo 5: Elabora un bodegón con tres ou catro elementos da cociña
(cacharros e/ou alimentos). Nun DINA3, usa unha metade para facer un
debuxo realista a grafito (traballa con atención a composición, a
perspectiva e a valoración do claroscuro). Na outra metade fai unha
síntese a tinta (boli, rotulador, plumilla ou pincel) do mesmo bodegón:
emprega o menor número de
liñas posible para facer recoñecible a imaxe, pero atendendo á
expresividade das mesmas. Repite o exercicio noutro DINA3 empregando un
punto de vista máis elevado. Data de entrega: Mércores 31 de outubro.
Aquí tedes uns exemplos:
Aquí tedes uns exemplos:
mércores, 17 de outubro de 2018
Proxecto "Sketchbook"
("Sketch":Boceto, bosquexo, debuxo exploratorio)
Este proxecto desenvolverase ao longo do curso e consistirá na elaboración dun caderno de apuntes de -polo menos- cincuenta follas, nun formato que rondará o DINA5 (pode ser cadrado, apaisado ou vertical), e con papel axeitado para soportar augada (gramaxe de 170 ou máis).
O ideal sería que houbese un debuxo diario, pero en todo caso farase un cada dous días. A data de comezo será como moi tarde o 1 de novembro, e servirá como traballo cualificable, cada vez que o pida a profesora. Na terceira avaliación (a finais de abril) entregaráse coas 50 follas (mínimo) rematadas e servirá como unha das notas de exame.
As primeiras páxinas do sketchbook (ou as do final se así o preferides) recollerán -a modo de glosario- debuxos das ferramentas e materiais empregados no libro.

domingo, 14 de outubro de 2018
Traballo 4. Interpretación dunha obra
Traballo 4. Interpretación, con técnica libre, da obra de Hans Baldung
Grien "Retrato dunha dama" (1530). Exame PAU Xuño 2015. Opción A
A continuación, algúns dos vosos traballos:
Recordatorio de inscrición no Certame Hábitat
Alumnado que faltou a clase na última semana con debuxos seleccionados para a participación no Certame Hábitat:
Lembrade que a data límite para cubrir a inscrición online é hoxe, domingo, 14 de outubro.
Lembrade que a data límite para cubrir a inscrición online é hoxe, domingo, 14 de outubro.
luns, 1 de outubro de 2018
Traballo 3. "Para a cama"
Traballo 3. "Para a cama". A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar,
nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco
obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.Data de entrega: 15 de outubro
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores:
martes, 18 de setembro de 2018
Traballo 2. Práctica de cor_Certame Hábitat
Para o segundo traballo, teredes que presentar (como mínimo) dous debuxos a cor, seguindo as bases do certame de debuxo da natureza do grupo Hábitat.
Entrega: luns , 1 de outubro.
- Formato DINA4 (horizontal ou vertical) en papel Basic ou de acuarela
- A cor, empregando algunha/s das seguintes técnicas: acuarela, tinta + acuarela, lapis de cores ou rotuladores.
- Chuchameles ( Lonicera periclymenum)
- Caracol de Quimper ( Elona quimeriana)
- Gato bravo ( Felis sylvestris)
- Señoriña dos brañais ( Euphydryas aurinia)
- Avelaíña ( Lasiocampa quercus)
- Leirón careto (Eliomys quercinus)
- Sapiño comadrón ( Alytes obstetricans)
- Gaio (Garrulus glandarius)
- Azor (Accipiter gentilis)
- Ferreiriño rabilongo (Aegithalus caudatus)
- Ferreiriño azul (Cyanistes caeruleus)
- Acivro (Ilex aquifolium)
- Xilbarbeira (Ruscus aculeatus)
- Estripeiro (Crataegus monogyna)
- Bugallo ( Andricus kollari)
- Cárabo galego (Carabus galicianus)
- Nome e apelidos completos do autor/a
- Título da obra
- Especie elixida
venres, 14 de setembro de 2018
Traballo1. Nove obxectos cotiáns
Traballo 1. Debuxa nove obxectos cotiáns nun DINA3 a grafito, prestando especial atención á valoración de luces e sombras. Entrega: 24 de setembro (excepto alumnado de 2ºF que poderá entregalo o 1 de outubro, xunto co traballo 2)
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:
A continuación podes ver algúns exemplos de traballos de alumnado de anos anteriores:
xoves, 13 de setembro de 2018
COMEZO DO CURSO 2018 / 2019
Benvidas e benvidos á clase de Debuxo Artístico II. Neste blog iredes
atopando a información necesaria para non perderse nada do que fagamos
no curso. Ademais do que fagamos na clase, cada luns haberá un novo
traballo semanal, que teredes que entregar o luns seguinte. So se
recollerán os traballos máis tarde con xustificación oficial (sen ela,
haberá redución de nota) Lembrade que para comezar teredes que traer un
bloc de esbozo DINA3 e se todavía tedes o bloc DINA4 de DEAI, tamén.
Comezaremos empregando lapis de grafito blando (de 4B en adiante).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













































