luns, 2 de abril de 2018

Recuperación das avaliacións suspensas

Cambio de data de entrega Aquí tedes o listado de traballos que non chegaron a "suficiente" nas avaliacións suspensas anteriores e que deben ser entregados para a súa recuperación. No caso de ter que recuperar tamén o exame, fixarase unha data para realizalo no mes de maio, falando coa profesora.


venres, 16 de marzo de 2018

Probas de acuarela de anos anteriores

Por se queredes consultar algúns efectos conseguidos coa acuarela en cursos anteriores, podedes velos AQUÍ

Tamén podedes atopar recursos e ideas vendo os seguintes EXEMPLOS

venres, 9 de marzo de 2018

Traballo 16

Certame para o Catálogo "ILUSTRADAS":

Despois de investigar na rede acerca de mulleres importantes nos distintos campos do saber, e ninguneadas pola historia, facer un retrato dunha delas e cubrir os datos da ficha correspondente entregada na clase, para participar no Certame ILUSTRADAS.
Tamaño DINA3 (vertical), técnica libre, data de entrega: 3 de abril 

Podedes comezar consultando os seguintes enlaces:

Mulleres ilustradas







Mulleres artistas






Visibilidade


Visibilidade en ARCO


CATÁLOGO "Ilustradas" DO ANO PASADO:

domingo, 4 de marzo de 2018

Traballo 15

PROBAS DE ACUARELA. En papel de acuarela, facer as seguintes prácticas:


Formato: 1 DINA3 ou 2 DINA4 (papel de acuarela). As probas guiadas son as que aparecen aquí a continuación (DINA4) con outro formato igual faránse as nove probas libres. Papel de acuarela preparado: luns 12
ENTREGA final: Luns 19 de marzo

ENLACES DE ACUARELA

Déixovos aquí algún enlace útil para facer algunhas prácticas de acuarela:

Un tutorial para traballar húmido sobre húmido da serie pintarconmarta de youtube
https://www.youtube.com/watch?v=P6SHsnfrzOU

Outro tutorial con diferentes técnicas, algunhas das cales forman parte do traballo nº 15:
https://www.youtube.com/watch?v=K-KYHJriivw

E un exemplo de uso do líquido enmascarador na pintura dunhas gotas de auga realistas:
https://www.youtube.com/watch?v=RkOhwF73lqQ&list=PLrDxMf3us-KS8Caij1TGNSDCB5KDL0nGM

xoves, 15 de febreiro de 2018

Traballo 14. Bodegón cubista

Bodegón cubista

Realizar un bodegón tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre (acuarela, acrílico, ceras, collage, mixta...)  DINA3. Entrega: Luns 26 de febreiro

A continuación tedes algúns exemplos de bodegóns cubistas:











mércores, 7 de febreiro de 2018

Exposición do Certame Hábitat

Xa está aberta a exposición das 130 obras presentadas ao certame da Asociación Naturalista Hábitat. Quen queira visitala poderá ver debuxos de varias alumnas e alumnos do noso instituto.
Entrega de premios: venres 23 de febreiro ás 20:30
Máis información AQUÍ

E tamén podedes descargar o calendario editado coas obras gañadoras!

martes, 30 de xaneiro de 2018

Traballo 13. Debuxo de desnudo


Traballo 13

Nos seguintes enlaces, buscar unha pose e facer un debuxo de desnudo en DINA3 e técnica seca (grafito, lápices de cores, acuarelables ou conté)

Poses de CHICA
Poses de CHICO

Estos son dous posibles vídeos de poses, se queredes empregar outros, pódese. Data de entrega: luns 5 de febreiro.

martes, 23 de xaneiro de 2018

Recuperación da 1ª Avaliación

Aquí tedes o listado de traballos que non chegaron a "suficiente" na 1ª Avaliación e que poden ser entregados para a súa recuperación. No caso de ter suspenso tamén o exame, fixarase unha data para realizalo, falando coa profesora.










luns, 22 de xaneiro de 2018

Traballo 12: Interpretación da "Gran Odalisca" de Ingres

Interpreta a obra de Jean Auguste Dominique Ingres "A Gran Odalisca" en DINA3 e técnica libre.
Entrega: o vindeiro luns 29 de xaneiro


martes, 16 de xaneiro de 2018