luns, 1 de decembro de 2025

Traballo 10_Casas en cónica oblicua

Practica a perspectiva cónica oblicua seguindo os titoriais que tes a continuación e presenta as dúas casas nun único DINA3 (ou cada casa nun DINA4, o que prefiras). A cor pode ser a acuarela, rotulador ou lápis de cor.

casa3

casa4

Entrega: Luns 15 de decembro

martes, 28 de outubro de 2025

Traballo 9_ Ilustración para o Acuario

Despois da vosa recente visita ao Acuario, debedes enviar un pdf á aula virtual coas fotos dos bocetos que fixestes alí. Ademais, faredes un traballo en DINA3 sobre papel, coa técnica non dixital que elixades. Mellor se é só imaxe, pero se queredes incluír un texto deberá ser curto e cun tratamento artístico (tipografía coidada, equilibrada, etc.) O traballo é libre, plantexade unha ilustración en horizontal ou vertical inspirado pola experiencia do Acuario e que teña relación co mesmo (podería ser unha portada para un libro sobre o océano, un cartel con temática submarina ou o que se vos ocorra nesta liña)

Data de entrega: Data límite para os bocetos pola Aula Virtual o martes 9 de decembro (ata as 23:59 h). Ilustración final: luns 15 de decembro tanto na aula virtual como na física.


 

Traballo 8_Tramas a tinta

 

Haberá que entregar dúas prácticas de liña a tinta (boli, plumilla, pluma, rotulador...) en formato DINA3. Data de entrega: Luns 1 de decembro.

Na primeira lámina, hai que dividir a superficie en catro recadros iguais que haberá que sombrear a base de raiados a man alzada, con liñas rectas e paralelas entre si. No primeiro recadro as paralelas irán nunha única dirección, no segundo haberá paralelas en dúas direccións, no terceiro en tres, e no cuarto, en catro. As liñas (en cada dirección) cubrirán o recadro por completo (e, loxicamente, os recadros quedarán máis escuros canto máis cerca se debuxen as liñas entre si e cantas máis liñas se crucen para formar a trama).

Na segunda lámina DINA3, en tinta tamén, hai que facer un debuxo libre (bodegón, retrato, paisaxe...) onde o claroscuro sexa resolto a base de tramas de liñas paralelas entre si, como as practicadas na lámina primeira.

Aquí tedes algúns exemplos por se axudan a aclarar o exercicio:
 
 
 










E se quedades con ganas de máis liña, aconsello a seguinte práctica (non obrigatoria, pero si moi aconsellable) para practicar diferentes tipos de tramas a liña:

luns, 13 de outubro de 2025

Traballo 7. Interpretación dunha obra

Interpreta a obra de Jean Auguste Dominique Ingres "A Gran Odalisca" en DINA3 e técnica libre. ATENCIÓN: Cambio da data de entrega: Calquera día entre o luns 10 e o venres 14 de novembro.

EXEMPLO da interpretación nun curso anterior do "Retrato dunha dama" de Grien (o primeiro cadro)












 

Traballo 6. Retrato á maneira de Egon Schiele

Primeiro, estuda a obra de Egon Schiele, especialmente os seus debuxos. Analiza o tipo de liña que emprega, as cores elixidas e a aplicación das mesmas, a composición dentro do papel, a actitude dos retratados...

Aquí tes algúns enlaces para axudarche:

WikiArt
Pinterest
Complete Works

Despois: En DINA3, fai un retrato dun compañeiro ou compañeira de clase (de DEAII, para que eu sexa quen de ver o parecido), ou un autorretrato se prefires, empregando unha ou varias das seguintes técnicas: grafito, carboncillo, lapis de cor (pode ser acuarelable), rotuladores, acuarela e témpera. Usa como inspiración os debuxos de Schiele, non as pinturas (ten que haber predominio da liña sobre a mancha de cor). Data de entrega: martes 4 e mércores 5 de novembro (no primeiro día de clase que teñades).

Deixo aquí o tipo de debuxos aos que me refiro:








xoves, 2 de outubro de 2025

Traballo 5. Para a cama!

A tinta (con augadas para traballar o claroscuro) emprega un DINA3 para representar, nunha metade, a apariencia da tua cama. Na outra metade, debuxa cinco obxectos que te acompañen cando chega a hora de ir para a cama.

Data de entrega: Luns 20 e martes 21 de outubro.
Aquí hai uns exemplos de traballos anteriores: