Xa están publicados os traballos gañadores do Certame Hábitat, que podedes consultar na súa páxina web.
Aquí vai un adianto, para os máis impacientes:
Os premios en metálico foron para os seguintes traballos:
E aquí están os demais gañadores (o mellor debuxo de cada especie) na categoría de maiores de 14 anos, entre os cales temos un bo número de alumnos do IES Adormideras. Noraboa a todas e todos!
DEAII. Contidos educativos e traballos de práctica para a materia de Debuxo Artístico de 2º de Bacharelato de Artes do IES Plurilingüe Adormideras.
mércores, 29 de novembro de 2017
venres, 24 de novembro de 2017
Traballo 9. Autorretrato á maneira de...
Elixir un debuxo dos dez copiados nos traballos 7 e 8, documentarse
acerca doutras obras (especialmente debuxos) do autor e realizar un autorretrato
empregando recursos similares. DINA3 e técnica parecida aos debuxos
orixinais do artista elixido.Entrega o luns 4 de decembro.
luns, 6 de novembro de 2017
Traballo 8. Copia de cinco debuxos modernos
Copia de cinco debuxos "modernos". Como segunda parte do traballo
anterior, copia agora cinco debuxos de artistas moi diferentes. De novo:
DINA4, análisis previo de trazado e técnica para que o resultado sexa o
máis parecido posible ao orixinal. A data de entrega de ambos traballos
(T7 e T8: dez debuxos) será o 20 de novembro. NOVA DATA DE ENTREGA: 23 de novembro
![]() |
Egon Schiele |
![]() |
R.B.Kitaj |
![]() |
Paula Rego |
![]() |
Pat Andrea |
![]() |
David Hockney |
Traballo 7. Copia de cinco debuxos clasicos
Traballo 7. Facer unha copia en DINA4 de cada un dos cinco debuxos seguintes,
estudando especialmente o tipo de trazado e valoración empregados polo
artista en cada caso. Buscar a técnica máis similar.a empregada no
modelo. ATENCIÓN: a data de entrega dos traballos 7 e 8 será o 20 de novembro. NOVA DATA DE ENTREGA: 23 de novembro
![]() |
Ingres |
![]() | |
Goya |
![]() |
Durero |
![]() |
Leonardo |
![]() | ||
Watteau |
venres, 3 de novembro de 2017
O emprego do carboncillo
Déixovos aquí un enlace a unha páxina onde podedes ver obras a carboncillo con diferentes estilos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)