martes, 3 de febreiro de 2026

Traballo 15_ Bodegón Cubista

Realizar un bodegón da clase de debuxo a partir dos apuntes realizados tendo en conta as premisas básicas do cubismo: diversidade de puntos de vista e paleta reducida. Técnica libre non dixital (acuarela, acrílico, ceras, collage, mixta...)  DINA3. Entrega: 23 de febreiro.

A continuación tedes algúns exemplos de bodegóns cubistas:











 

xoves, 1 de xaneiro de 2026

Traballo 13_Retrato a mancha

Empregando a técnica de retrato a mancha que vimos nas últimas clases, fai un autorretrato (ou o retrato dun compañeiro/a que teña debuxo artístico). O parecido valorarase pero non é o máis determinante, importando máis a expresividade, a composición e o emprego do clarescuro. Podes empregar carboncillo ou/e carbón prensado, goma, esponxa... e non esquezas FIXALO ANTES DA ENTREGA

Tamaño: DINA3

Data de entrega: 26 de xaneiro

Se queres revisar o titorial que vimos na aula, preme no seguinte enlace.

E deixo tamén este outro titorial do mesmo artista.

A continuación, algúns exemplos desta técnica:










Traballo 12_Práctica PAU

A partir do que che inspiren o fragmento literario de Brodsky e a obra de Monet, realiza un debuxo creativo de técnica libre. Tamaño: DINA3

Entrega: Luns, 19 de xaneiro

TEXTO:


“El cielo es de un brillante azul; el sol, que oculta su apariencia dorada bajo el pie de San Giorgio, se desliza sobre las incontables escamas del oleaje de la laguna (…) A la hora de la puesta de sol (…). Los relieves se vuelven más flexibles, las columnas más rotundas, los capiteles más rizados (…)”.

 
BRODSKY, Joseph (2005): Marca de agua. Madrid: Siruela, páxs. 65-66.


CLAUDE, Monet (1908): Grand Canal, Venice. Óleo sobre tea, 73.7 x 92.4 cm. Museum of Fine Arts Boston.

 

Gañadores do Certame de Debuxo de Natureza Hábitat

ATENCIÓN: Nas redes sociais do Grupo Naturalista Hábitat (de momento, en Instagram) foron  publicados os gañadores de cada unha das 16 especies debuxadas. Entre eles, once son debuxos de alumn@s de 2º de Bacharelato de Artes do Instituto Adormideras, incluíndo o terceiro premio con dotación económica:

3º premio: Jovana García Knezic

Os demáis gañadores son: Claudia Calo, Fabián Martínez, Alicia Escote, Oliver Tomé, Sofía Rengifo, Delfi García, Mariña Aparicio, Aimi Bussi, Isabel Rodríguez e Pablo Míguez

Noraboa a todas e todos!!!