luns, 15 de decembro de 2025

Traballo VOLUNTARIO de Nadal

Debuxa unha vivenda minimalista empregando unha perspectiva cónica de dous puntos de fuga. Consulta antes a entrada anterior sobre perspectiva cónica e traballa seguindo as directrices dos videos de exemplo (casa 1, casa 2 ...) pero facendo o teu propio deseño. A casa debe ter como mínimo catro das seguintes condicións: dúas alturas - varias árbores/arbustos da mesma altura en perspectiva - porta - dúas ventás/cristaleiras - garaxe - piscina.

Emprega lapis duro para os trazos iniciais. O debuxo final poderá entregarse en B/N a lapis (ou/e tinta) ou a cor (totalmente ou con algúns toques). Tamaño: DINA3. Data de entrega: Luns 12 de xaneiro.

Este traballo é voluntario (non penalizará non facelo) e poderá sumar ata 0,3 puntos á nota da 2ª avaliación.

Neste enlace tedes algunhas casas de exemplo.

Traballo 11_ Mans e pés

Cinco debuxos realistas a grafito en DINA4: tres debuxos da man que non empreguedes para debuxar en posicións de plano (palma ou dorso) puño e escorzo e dous debuxos do voso pé en dúas posicións diferentes. Os debuxos da man deben ser DO NATURAL (non de foto). Para os pés pódese usar a fotografía, se é imprescindible. Cada un dos debuxos ocupará un formato DINA4 completo (unha man nun DinA4, outra noutro...etc) Na aula adicaremos algunha sesión a este traballo antes das vacacións de Nadal.

Data de entrega: Luns 12 de xaneiro

Exemplo do traballo:





luns, 1 de decembro de 2025

Traballo 10_Casas en cónica oblicua

Practica a perspectiva cónica oblicua seguindo os titoriais que tes a continuación e presenta as dúas casas nun único DINA3 (ou cada casa nun DINA4, o que prefiras). A cor pode ser a acuarela, rotulador ou lápis de cor.

casa3

casa4

Entrega: Luns 15 de decembro